Aínda que o principal acontecemento do día de onte fué a presentación de Héctor Berenguel, os medios tamén se fan eco a posible configuración do Teresa Herrera, sen esquecer os posibles movementos no banco.
A Opinion A principal noticia deste medio é a presentación onte do primeiro reforzo da tempada, Héctor. O presidente aproveitou a ocasión para felicitar ao xogador pola súa magnífica tempada e ao Sevilla polo ascenso. Tamén se reproducen algunhas declaracións do xogador: "Tiña outras cousas, pero vir aquí é un orgullo xa que se trata dun equipo comparable a Real Madrid e Barcelona".
Outra das noticias do diario trata do trofeo Teresa Herrera. Tras a presentación do xogador o presidente anunciou sobre o trofeo o seguinte: "a falta de poder aseguralo sen reservas, podemos anticipar que o Teresa Herrera celebrarase case con toda seguridade os días 9, 10 e 11 de agosto". Este ano o torneo contará con catro equipos participantes dos cales unicamente confirmáronse Deportivo e Real Madrid.
Tamén anuncian o interese do River Plate por Turu Flores. Din que o club arxentino está a tentar obter a cesión do xogador por un ano xa que non se poden permitir pagar o traspaso (ao redor de 1.500 millóns de pesetas).
La Voz de Galicia A parte da presentación do novo lateral o diario analiza a volta á selección de Brasil de Mauro Silva. O novo técnico da selección canarinha, Scolari, decidiu recuperar o prestixio do seu equipo e para iso non dubida en utilizar a Mauro como o novo símbolo. O seleccionador considera a Mauro como titular indiscutible e conta con el para os partidos da Copa América en xullo.
Depor Campión "Un cartel de luxo" titula o diario deportivo referíndose ao próximo Teresa Herrera. O presidente anunciou na presentación de Héctor que as datas que se barallan para o torneo son 9, 10 e 11 de Agosto, aínda que aínda non son definitivas. De momento xa está confirmada a participación do Real Madrid. Contábase coa presenza de Peñarol de Montevideo e Sporting de Lisboa, pero o adiamento do Mundialito fixo que as datas cambien e que eses equipos aínda non puidesen confirmar a súa presenza. Afirma o diario que se abriron conversacións con Roma, Arsenal e Girondins pero que de momento non se coñecen os equipos que ocuparán as dúas prazas vacantes.