La Voz de Galicia
"Título á vista" di o diario que engade que a derrota do Barcelona ante o Mallorca amplía a vantaxe do Depor. Nas páxinas interiores o rotativo di que "A liga sorrí ao Deportivo tras a picada do Barça" e que o equipo reduciu o golaverge cos culés a só tres goles e que o Deportivo está a un punto da UEFA. O equipo vai a por o record de 25 xornadas como líder. "O Depor pide á afección que refugue o triunfalismo. Irureta e Lendoiro intuían a derrota do Barcelona en casa".
A Voz ten unha entrevista con Roy Makaay, do que di que está "Entre Carl Lewis e Bebeto" e que os seus tantos xa encandean a Riazor... pero o xogador di "Overmars é máis rápido"
DXT Campión
"Adeu" titula o diario cunha foto de Van Gaal e di no interior "Quen non aguantou a presión?". O xornal recolle as palabras que convidan á calma de Irureta e Lendoiro: "É mellor que non haxa triunfalismos prexudiciais", que consideran que aínda faltan 18 puntos e "hai que manter a humildade".
A efectividade de Makaay e o apoio da afección en Riazor, que no tramo final será decisiva para o equipo.
A análise do equipo, que xogou sen zurdos, e a preparación para o partido de Vallecas, que comezará mañá, e que será dirixido por Prados García, son outros dos temas que trata o diario deportivo.
O Ideal Galego
"O Deportivo máis líder a falta de seis xornadas para que se acabe a liga", onde se compara o calendario do catro primeiros clasificados de aquí a final de tempada, e "A Coruña volve falar do título. As penas están convencidas de que o equipo se acha preparado para aguantar a presión" son os titulares principais do xornal, que di que a prensa nacional enxalza o liderado do Depor e critica á defensa do Atlético.
Marca
"A liga do Depor" titula Marca en portada, dicindo que o Deportivo é cada día máis favorito e que tras esta xornada aumenta a súa vantaxe. Xa nas páxinas interiores di que "O líder é moito máis líder, xa que pegou o tirón e escapa mentres destaca a semana negra dos de Van Gaal". O diario deportivo di que o Deportivo gaña todo desde "O efecto Camp Nou. O líder venceu no tres últimos partidos marcando dez goles" e destaca que o persoal descansará ata mañá. A Marca fala da mellor tempada de Makaay, que xa leva 19 goles.
__________
Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com
__________
NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.