RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Riazor aplaudiu aos dous campións do Coinasa Liceo

Minutos antes de arrincar o encontro do Deportivo ante o Xirona, o deportivismo tivo a oportunidade de brindar un cariñouso homenaxe Jordi Bargalló e César Carballeira,  xogadores do Coinasa Liceo.

Bargalló proclamouse recentemente en Arxentina campión do mundo coa Selección Española. Pola súa banda, o coruñés César Carballeira é novo campión de Europa Sub-17 con España.

Así mesmo, todos os socios do Deportivo poderán asistir gratuitamente ao partido da máxima categoría de hockey sobre patíns que se disputa no Pavillón dos Deportes de Riazor mañá luns 31 de outubro ás 21.00 horas entre o Coinasa Liceo, actual campéon de Europa, e o Vic. Os interesados deberán trocar no despacho de billetes o seu abono deportivista por unha entrada.