RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Riki: O Deportivo é un grande e veño para axudar a que o equipo estea arriba

Iván Sánchez Rico Soto (Aranxuez, 11-8-80), coñecido no fútbol español como Riki foi presentado esta tarde oficialmente como novo xogador do Deportivo na sede do Club na Praza de Pontevedra. O dianteiro madrileño estivo acompañado na súa posta de longo

O presidente deportivista desexoulle moita sorte na súa nova etapa e incidiu en que o persoal "salvo algunha sorpresa que se poida producir a última hora, dependendo tamén das saídas, está pechada".
Así mesmo, Riki manifestou que "o Deportivo é un grande e veño para axudar a que poida facer algo grande a próxima tempada". Confesou que aínda non tivo oportunidade de charlar con Joaquín Caparrós, lembrou que "no Xetafe empecei xogando en banda esquerda pero con Schuster xa me situou na punta" e, finalmente, asegurou que o feito de custar ao Deportivo catro millóns de euros -o IVE aparte- non supón ningún tipo de presión engadida: "A min eses son temas que non me afectan. Veño coa máxima ilusión e humildade para achegar cousas ao equipo".