Diogo Salomãou foi operado onte venres en Lisboa da rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito sufrido no partido do pasado domingo en Riazor ante o Hércules.
O propio futbolista, que hoxe seguiu por televisión o partido do Deportivo en Miranda, asegurou que "todo saíu perfecto".
A partir de agora, a recuperación de Salomão será tamén en Lisboa, a súa cidade natal, por expreso desexo dos seus axentes e do club de orixe, o Sporting Club.
O Real Club Deportivo puxo a disposición do futbolista, moi querido polo deportivismo, todos os seus recursos (médicos, fisioterapeutas, recuperadores...)
Falta xa un día menos para o seu regreso aos terreos de xogo. ÁNIMO DIOGO!