RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Sand, Javito e Xisco, presentados esta noite como xogadores do Deportivo

foto: cortesía eldepor.com O tres novos fichaxes do Deportivo, Sand, Javito e Xisco, foron presentados esta noite na sala de trofeos do Club na Praza de Pontevedra xa coas súas respectivas camisetas branquiazuis, iso sí, aún sen dors

A chegada deste tres reforzos implica a saída de Urreta e Rindaroy. Do primeiro, o Presidente deportivista lamentou que "unhas veces os problemas físicos e outras veces se cadra a súa falta de adaptación motivaron que tivese pouco protagonismo". "Estou convencido de que explotará tarde ou cedo porque é un xogador de gran calidade e de enormes condicións", engadiu. De Rindaroy, o dirixente branquiazul manifestou que "neste pouco tempo gañouse o noso agarimo". A súa saída apunta a Noruega.

Xisco (Mallorca, 26-06-1986), ao que quedan dúas tempadas máis de contrato en Newcastle, asegurou ante os medios informativos que "volvo á miña casa. O Deportivo deumo todo e veño centrado no presente para axudar ao equipo a coñecer os seus obxectivos". A última tempada no Dépor (2007-08) xogou 25 partidos e marcou 9 goles.

Francisco Peral Perianes "Javito"  (Barcelona Plasencia, 4-11-83) disputou onte domingo completo o seu último partido co Aris de Salónica, precisamente un derbi ante o PAOK que acabou con empate (0-0). Del foron algunhas das mellores oportunidades concretamente no minuto 62 e 83. Tras levar varias tempadas no Aris, agora chégalle a oportunidade, antes de recalar no Olympiakos, de xogar en España: "Chegoume esta gran oportunidade e por éso estou aquí". Lembra que en Barcelona "cando me estaban dando bóla lesioneime de longa duración e logo tívenme que marchar".

Por fin, Pepe Sand (Bela Vista, Arxentina, 17-7-1980) mostrouse xa disposto a axudar ao equipo. "Estou listo aínda que a decisión final correspóndelle ao adestrador". Con cinco dianteiros agora no vestiario (Adrián, Riki, Lassad, Xisco e Sand), o arxentino manifestou que "a competencia é boa para o grupo".