RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Scaloni: Por unha tempada como a pasada

Lionel Scaloni compareceu ante os medios de comunicación tras a sesión de traballo matinal en Vilalba. O xogador deportivista pediu que esta campaña "sexa polo menos como a pasada, que a nivel persoal e de grupo foi moi boa".

En canto ao duro traballo Scaloni afirmou "eu traballei no verán e tamén os demais o fixeron, somos profesionais e sabemos que hai que traballar, que canto mellor cheguemos mellor será a adaptación". Ademais Scaloni falou de Acuña, con quen coincidiu na liga arxentina "é un gran xogador" asegurou.

A preguntas sobre a posible marcha de Emerson, o xogador afirmou "iríase un xogador extraordinario, pero vén outro tamén extraordinario".