O Deportivo non puido romper coa historia e ha caido no Camp Nou por 2 goles a 1. O equipo coruñés realizou un encontro serio pero as grandes individualidades do equipo azulgrana decidiron o partido. Tamén foron puntos craves nesta derrota algunhas decis
Nos minutos iniciais da primeira parte o xogo desenvólvese principalmente no medio campo en xogadas con constantes pases pero sen maior profundidade.
A medida que transcorre o primeiro tempo o Barcelona deixa ver cales son as súas bazas neste partido: as xogadas individuais de Rivaldo, Kluivert e Figo. Estes dous últimos son os protagonistas do primeiro gol azulgrana no minuto 23 cando un centro de Figo é rematado por Kluivert ao fondo das mallas.
O Barcelona seguiu controlando o partido e froito diso no minuto 31 Rivaldo consegue o segundo gol barcelonista nunha desafortunada xogada na que Songo´ou ao tentar deter o disparo de Rivaldo introduce o balón na súa propia meta tras tocar no pau. Nesta xogada hai que destacar que é precedida dun claro fóra de xogo posicional de Kluivert que o arbitro non sinala.
Ao fío do descanso prodúcese unha xogada que puido cambiar o signo de encontro. Djalma se interna na área rival e é claramente derrubado sen que o colexiado sinale ningunha acción punible.
O comezo da segunda parte foi esperanzador ao conseguir o Deportivo reducir distancias no primeiro minuto de xogo grazas a un disparo de Flavio que se coa na portaría defendida por Hesp tras tocar nun defensa. Desgraciadamente este gol foi unha miraxe e o Barcelona seguiu dominando o xogo aínda que sen crear excesivas ocasións claras de gol.
O Deportivo quedaba en inferioridade numérica ao mostrarlle a segunda amarela a Mauro por cortar unha escapada de De Boer e xa no tempo engadido Pauleta veia a vermella directa por empuxar a Dehú.
Con este resultado o Deportivo complica a súa loita polo título ligueiro ao quedar reducida a súa vantaxe sobre o Barcelona a sólamente dous puntos. Tamén hai que ter en conta que nestes momentos a diferenza de goles do Barcelona é mellor que a do conxunto deportivista co que un empate a puntos beneficiaría ao club catalán.