Segunda semana de liga do Dépor aínda que será a do debut en competición
O Deportivo inicia mañá luns 29 de agosto a segunda semana de liga pero en realidade a do debut na competición, o sábado 3 de setembro en ABANCA-RIAZOR (19:30) ante a Balompédica Linense, despois do adiamento do partido ante o DUX correspondente á primeira xornada.
Borja Jiménez dispuxo catro sesións de traballo previas ao choque ante o equipo andaluz, unha delas, o venres, en ABANCA-RIAZOR, escenario do partido.
Cada vez que haxa actividade matinal na Cidade Deportiva, o equipo está citado para almorzar ás 09:00 horas na instalación.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 29 de agosto 10:30 h., Abegondo
Martes 30 de agosto 10:30 h., Abegondo
Mércores 31 de agosto 17:00 h., Abegondo
Xoves 1 de setembro Descanso
Venres 2 de setembro 19:00 h., ABANCA-RIAZOR
Sábado 3 de setembro 19:30: Deportivo - Balompédica Linense, en ABANCA-RIAZOR