O Dépor Genuine viaxa esta fin de semana a Bilbao, onde participará na 2ª fase de LaLiga Genuine 2022-2023.
A expedición branquiazul voará a Bilbao o venres pola tarde e regresará o domingo pola noite.
O equipo deportivista disputará tres encontros, como é habitual. O sábado medirase ao Real ValladoliDI pola mañá e ao UD Eivissa pola tarde, mentres que na matinal do domingo enfrontarase ao CA Osasuna.
Os 16 convocados para esta xornada son Andrés Barbeito, Gabriel Cives, Alejandro Gómez, Roi González, Saúl Jiménez, Alexandra López, Cristiá Miquel Machado, Xosé Marquina, Anxo Martínez, Javier Martínez, Álvaro Mínguez-Goyanes, David Miranda, Alberto Piñeiro, Álex Rey, José Manuel Serrano e Álvaro Vidal. Xunto a eles viaxarán os técnicos Lucía Otero, Carlos García Collazo, Alejandro Espiñeira e Breogán López.
O equipo branquiazul conta esta temporada co patrocinio de Vales y Asociados, Duacode e Fundación San Rafael.
O plan de viaxe do Dépor Genuine é o seguinte:
Venres 24 de marzo
19:45: Saída do voo de Santiago con destino ao Aeroporto de Bilbao
20:50: Chegada aproximada ao Aeroporto de Bilbao e traslado ao hotel Puerta Bilbao, en Barakaldo (Bizkaia)
Sábado 25 de marzo
12:00: REAL VALLADOLIDI - DÉPOR GENUINE, nas Instalacións de Lezama (campo 3)
18:30: DÉPOR GENUINE - UD IBIZA, nas Instalacións de Lezama (campo 1)
Domingo 26 de marzo
12:00: DÉPOR GENUINE - CA OSASUNA, nas Instalacións de Lezama (campo 4)
20:10: Saída do voo do Aeroporto de Bilbao con destino Santiago
23:00: Chegada aproximada á Coruña
Os resultados do Dépor Genuine na 1ª fase foron os seguintes:
DÉPOR GENUINE 3 - REAL SPORTING DE GIJÓN 1
FUNDACIÓN ALBACETE 2 - DÉPOR GENUINE 0
CD LUGO 1 - DÉPOR GENUINE 3
Con estes resultados, o Dépor Genuine sitúase 7º, con 7 puntos, no Grupo RESPETO dunha competición da que este ano forman parte 44 equipos.
Máis equipos, máis xornadas e máis trofeos en LaLiga Genuine 2022-2023
A quinta edición de LaLiga Genuine arrancou o pasado mes de novembro en Tarragona e Salou.
Entre as novidades desta temporada, disputarase unha xornada máis, catro en lugar das tres de campañas precedentes, e haberá un trofeo ao trofeo Fair Play en cada un dos grupos de competición.
O calendario da competición é o seguinte:
1ª fase:
Tarragona (C.E. Fútbol Salou, 11, 12 e 13 de novembro de 2022)
2ª fase:
Barcelona (C.E. Dani Jarque, 17, 18 e 19 de febreiro de 2023)
Bilbao (Lezama, 24, 25 e 26 de marzo de 2023)
3ª fase:
Vigo (C.D. A Madroa, 14, 15 e 16 de abril de 2023)
Burgos (C.D. Castañares, 12, 13 e 14 de maio de 2023)
4ª fase:
Vilarreal (C.D. Pamesa, 9, 10 e 11 de xuño 2023)
