RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Sete canteiráns do primeiro equipo entregarán os diplomas no Dépor Campus Abegondo

Unha nutrida representación de canteiráns que actualmente están no primeiro equipo serán os encargados de entregar mañana venres os diplomas aos 289 ninñinscribir na segunda quenda do Dépor Campus de Abegondo, tod

Estarán presentes Juan Domínguez, Seoane, Queijeiro, David, Anxo, Dani Igrexas e Óscar, todos eles adestrando ás ordes de Víctor Sánchez do Amo e formados nas categorías inferiores do Real Club Deportivo.

O acto será no campo principal, unha vez conclúa o adestramento matinal do primeiro equipo, sobre as 12.00 horas.

Lux e Insua visitaron onte o Campus

Onte mércores, ao finalizar a sesión matinal do primeiro equipo en Abegondo, dous futbolistas do primeiro equipo, Lux e Pablo Insua, visitaron aos nenos da segunda quenda do Dépor Campus de Abegondo.

Tanto a meta arxentino como o central arzuán xogaron partidillos no tres campos de Abegondo habilitados para esta edición do tradicional Campus de verán branquiazul.

Aberta a inscrición para os demais Dépor Campus

Por outra banda, aínda é posible inscribirse para participar no resto de Dépor Campus que se celebrarán este verán:

- II Dépor Campus Carballo (do 13 ao 17 de xullo)
Descargar información e folla de inscrición

- I Dépor Campus Caranza (do 20 ao 24 de xullo)
Descargar información e folla de inscrición

- I Dépor Campus Monforte (do 27 ao 31 de xullo)
Descargar información e folla de inscrición

- I Dépor Campus Rianxo (do 27 ao 31 de xullo)
Descargar información e folla de inscrición

A través de deporcampus@canaldeportivo.com ou no 981 259 500 pódense coñecer máis detalles sobre os Dépor Campus 2015.