O calendario de partidos desta semana en ANOSACANTEIRA arrincou con 3 partidos amigables previstos para este martes 2 de setembro.
Deles, 2 foron en Abegondo: o Cadete (na foto entre o texto) ante o Atlético Coruña Montañeros CF B de categoría xuvenil (5-1) e o Infantil (na foto principal da noticia) ante o Atlético Coruña Montañeros CF B de categoría cadete (2-0).
A eles hai que sumar o empate a un gol do San Tirso SD Infantil (na foto inferior) na súa visita ao CD Conxo Santiago no campo santiagués da Merced.
O encontro entre o San Tirso SD Cadete e o Ural Español CF B de categoría xuvenil, previsto para este martes pola mañá no Monte, foi suspendido finalmente debido a que o pasado domingo o cadro deportivista acabou case a medianoite a súa participación na Sanxenxo Cup, torneo no que foi subcampión.
A semana está marcada polo inicio de liga en Segunda Federación para o Fabril, que recibe o domingo 7 de setembro ás 12:00 ao Burgos CF Promesas no campo principal de Abegondo.
No seu último test de pretemporada, o pasado sábado 30, o conxunto de Manuel Pablo derrotou por 1-0 ao Bergantiños CF de Segunda Federación.
Anteriormente, os fabrilistas venceron á SD Compostela en Arzúa (0-2), ao CD Estradense na Estrada (0-3), ao Atlético Arteixo en Ponte dos Brozos (0-1), á SD Sarriana en Pontedeume (1-3) e ao Atlético Coruña Montañeros CF en Abegondo (2-1).
A pretemporada do filial completouna un empate co CD Arenteiro en Abegondo (2-2) e unha derrota co Racing de Ferrol en Narón (3-2).
No Fabril o peche de mercado deixou as cesións de Carreira ao Atlético Coruña Montañeros CF; e de Hugo Villaverde e Pablo Parada á SD Sarriana de Segunda Federación.
Tamén ten compromiso amigable o Xuvenil A, ante a SD Compostela o venres 5 de setembro ás 19:00 horas.
A semana complétana un torneo para o Cadete en Carballo, a Bergantiños Football Cup; o torneo do Narón O Freixo para os dous equipos alevíns e os dous benxamíns que arrincaron este martes a pretemporada; o Torneo Apertura en Monteporreiro (Pontevedra) para o Infantil; e o 3er Memorial David Eiroa en Meicende e Pastoriza para o San Tirso SD Infantil co que se rende unha cariñosa homenaxe ao canteirán deportivista falecido.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
1ª xornada: FABRIL - BURGOS CF PROMESAS, o domingo 7 de setembro ás 12:00 en Abegondo
Categoría xuvenil
XUVENIL A - SD COMPOSTELA, o venres 5 de setembro ás 19:00 en Abegondo (campo de herba sintética)
Liga Nacional, 1ª xornada: XUVENIL B - BERTAMIRÁNS FC, o sábado 6 de setembro ás 11:30 en Abegondo
Categoría cadete
CADETE 5 (Picallo -2-, Jurgen, José Quiroga e Raúl Lema) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B (xuvenil) 1
1ª Bergantiños Football Cup, nas Eiroas
Primera Fase
Venres 5 de setembro
16:00: CADETE - BERGANTIÑOS CF
Sábado 6 de setembro
9:20: CADETE - REAL SOCIEDAD
13:30: VALENCIA CF - CADETE
17:40: CADETE - ATLÉTICO DE MADRID
Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais e o resto xogarase as demais posicións do torneo, todo iso o domingo
SAN TIRSO SD CADETE - URAL ESPAÑOL CF B (xuvenil), aprazado
Categoría infantil
INFANTIL 2 (Iván Gil e Santi Durán) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B (cadete) 0
14ª edición do Torneo Apertura en Monteporreiro (Pontevedra)
Sábado 6 de setembro
11:30: AROSA SC - INFANTIL
13:00: INFANTIL - EF PORTERO 2000
13:45: INFANTIL - RC CELTA
CD CONXO SANTIAGO 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Iago Fernández)
3er Memorial David Eiroa
Sábado 6 de setembro
Primera Fase, en Meicende
9:35: CD LUGO - SAN TIRSO SD INFANTIL
11:20: SAN TIRSO SD INFANTIL - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF
16:40: SAN TIRSO SD INFANTIL - ED VAL MIÑOR NIGRÁN
17:50: VICTORIA CF - SAN TIRSO SD INFANTIL
Os dous primeiros de grupo xogarán a semifinal, que será ás 19:00 horas
Categoría alevín
Torneo SDCR Narón Freixo en Río Seco (Narón)
Sábado 6 de setembro
Primera Fase
9:15: ALEVÍN A - BERTAMIRÁNS FC (campo 3)
12:35: ALEVÍN A - SDCR NARÓN O FREIXO A (campo 1)
16:05: ALEVÍN A - CD AS PONTES (campo 3)
Os dous primeiros de grupo pasan á Fase Oro, que será o domingo a partir das 9:30; mentres que o 3º e 4º xogará a Fase Plata, o mesmo sábado a partir das 19:30 horas
Torneo SDCR Narón Freixo en Río Seco (Narón)
Sábado 6 de setembro
Primera Fase
9:15: RACING DE FERROL - FABRIL FC ALEVÍN (campo 1)
12:10: FABRIL FC ALEVÍN - ATLÉTICO ARTEIXO (campo 3)
16:05: FABRIL FC ALEVÍN - CF OZA CESURAS (campo 1)
Os dous primeiros de grupo pasan á Fase Oro, que será o domingo a partir das 9:30; mentres que o 3º e 4º xogará a Fase Plata, o mesmo sábado a partir das 19:30 horas
Categoría benxamín
Torneo SDCR Narón Freixo en Río Seco (Narón)
Sábado 6 de setembro
Primera Fase
10:30: BENXAMÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO (campo 1)
15:15: BENXAMÍN A - CF OZA CESURAS (campo 1)
18:40: BENXAMÍN A - EQUIPO PROCEDENTE DA FASE PREVIA (campo 3)
Os dous primeiros de grupo pasan á Fase Oro, que será o domingo a partir das 9:30; mentres que o 3º e 4º xogará a Fase Plata, o mesmo sábado a partir das 19:30 horas
Torneo SDCR Narón Freixo en Río Seco (Narón)
Sábado 6 de setembro
Primera Fase
10:30: OZA JUVENIL SD - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 4)
14:50: GALICIA CARANZA - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 2)
18:15: CULTURAL LEONESA - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 3)
Os dous primeiros de grupo pasan á Fase Oro, que será o domingo a partir das 9:30; mentres que o 3º e 4º xogará a Fase Plata, o mesmo sábado a partir das 19:30 horas
