-Foto:@rfef.es
Antía Veiga (na foto co dorsal 1) logrou clasificarse coa seleccion española sub-17 para a fase final do Campionato de Europa.
Kósovo, Hungría e Portugal foron os rivais do combinado nacional nesta fase.
España, con Antía Veiga como titular, pechou esta Rolda 2 do Campionato de Europa este sábado 7 de marzo cun empate (0-0) ante Portugal.
Este resultado fai que a selección española estea por 12ª edición consecutiva entre as 8 mellores seleccións de Europa.
En Irlanda del Norte e no mes de maio, as españolas buscarán conquistar o seu 6º cetro europeo; ademais de loitar tamén por clasificarse para a Copa Mundial que se celebrará este ano en Marrocos, á que accederán os 5 mellores clasificados no Europeo deste mes de maio.
O segundo encontro para a canteirá deportivista xogouse o pasado mércores 4 de marzo fronte a Hungría na localidade lusa de Queluz.
A porteira do Deportivo ABANCA B xogou completo un partido que acabou en goleada española por 7-1.
O primeiro partido foi o pasado domingo 1 de marzo ante Kósovo na Cidade do Futebol en Oeiras.
Nesta ocasión Antía Veiga seguiu desde o banco un choque que supuxo outra goleada española, esta vez por 8-0.
Os resultados de Antía Veiga nesta Rolda 2 de clasificación foron os seguintes:
Domingo 1 de marzo
ESPAÑA 8 - KÓSOVO 0
Mércores 4 de marzo
ESPAÑA 7 - HUNGRÍA 1
Sábado 7 de marzo
PORTUGAL 0 - ESPAÑA 0
O pasado mes de novembro, a gardameta do Dépor ABANCA B foi titular con este combinado nacional no tres partidos da Rolda 1 do Campionato de Europa da categoría en Portugal; con Bulgaria, Hungría e Portugal como rivais.
E en outubro, a canteirá formou parte da selección española no Mundial de Marrocos, no que España caeu nos oitavos de final derrotada por Francia na quenda de penaltis.
Antía Veiga leva até a data 11 partidos disputados de titular co Dépor ABANCA B en Segunda Federación.
