
CANTERA · 7 MARZO 2026
ANTÍA VEIGA CLASIFICOUSE CON ESPAÑA PARA DISPUTAR A FASE FINAL DO CAMPIONATO DE EUROPA SUB-17
-Foto:Antía Veiga (na foto co dorsal 1) logrou clasificarse coa seleccion española sub-17 para a fase final do Campionato de Europa.Kósovo, Hungría e Portugal foron os rivais do combinado nacional nesta fase.España, con Antía Veiga como titular, pechou esta Rolda 2 do Campionato de Europa este sábado 7 de marzo cun empate (0-0) ante Portugal.Este resultado fai que a selección española estea por 12ª edición consecutiva entre as 8 mellores seleccións de Europa.En Irlanda del Norte e no mes de maio, as españolas buscarán conquistar o seu 6º cetro europeo; ademais de loitar tamén por clasificarse para a Copa Mundial que se celebrará este ano en Marrocos, á que accederán os 5 mellores clasificados no Europeo deste mes de maio.O segundo encontro para a canteirá deportivista xogouse o pasado mércores 4 de marzo fronte a Hungría na localidade lusa de Queluz.A porteira do Deportivo ABANCA B xogou completo un partido que acabou en goleada española por 7-1.O primeiro partido foi o pasado domingo 1 de marzo ante Kósovo na Cidade do Futebol en Oeiras.Nesta ocasión Antía Veiga seguiu desde o banco un choque que supuxo outra goleada española, esta vez por 8-0.Os resultados de Antía Veiga nesta Rolda 2 de clasificación foron os seguintes:Domingo 1 de marzoESPAÑA 8 - KÓSOVO 0Mércores 4 de marzoESPAÑA 7 - HUNGRÍA 1Sábado 7 de marzoPORTUGAL 0 - ESPAÑA 0O pasado mes de novembro, a gardameta do Dépor ABANCA B foi titular con este combinado nacional no tres partidos da Rolda 1 do Campionato de Europa da categoría en Portugal; con Bulgaria, Hungría e Portugal como rivais.E en outubro, a canteirá formou parte da selección española no Mundial de Marrocos, no que España caeu nos oitavos de final derrotada por Francia na quenda de penaltis.Antía Veiga leva até a data 11 partidos disputados de titular co Dépor ABANCA B en Segunda Federación.

O Orzán SD Xuvenil abre este venres 1 de maio no Dépor Traini...

Resultados deste xoves, con triunfos do Alevín de fútbol 11 e...

Listado de participantes na Grada Solidaria do Dépor - CD Leg...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este v...

Actividades e gran ambiente nos arredores de ABANCA-RIAZOR du...

Antonio Hidalgo presume de "un gran cadro, moi comprometido" ...