
DÉPOR · 24 NOVEMBRO 2026
UN DÉPOR "EN ALERTA" REGRESA AO TRABALLO PARA, ANTE O BARÇA, "ANTE EQUIPOS DE PRIMEIRO NIVEL MUNDIAL, SEGUIR COMPETINDO"
O Dépor retoma os adestramentos este mércores 25 de novembro no Dépor Training Center co FC Barcelona no horizonte, este domingo 29 ás 16:15 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR."Veñen equipos de primeiro nivel mundial. Haberá que seguir competindo", subliña Antonio Hidalgo.O técnico deportivista asegura que "estamos en alerta e competiremos cada partido que vaia chegando".A derrota sufrida o pasado sábado ante o Deportivo Alavés, nun encontro no que o rival mereceu gañar, deixou a Os Nosos con 15 puntos na 12ª posición.En Primera División, cada punto esixe o máximo e ninguén pode permitirse pensar que a situación é cómoda.A vicepresidenta Michelle Clemente xa o anticipou antes de comezar a temporada, nunha intervención recollida no documental 'Dépor, Voa': "Temos unha temporada en Primera División que vai ser moi esixente".O conselleiro delegado Massimo Adalberto Benassi deixa a seguinte reflexión: "Non chegamos a ningún lado e non nos temos que conformar co que temos".O camiño percorrido debe xerar orgullo, pero nunca conformismo. Como sinalou, ser do Dépor hoxe significa "non esquecernos de onde vimos, non conformarnos co que temos e traballar cada día por chegar máis lonxe".O corpo técnico disporá de 4 sesións de traballo previas ao choque ante os azulgrana.Antonio Hidalgo ademais apunta que "pouco a pouco iremos recuperando a xente, a Bright Ede, a Zaka que me parece que son os que faltan por volver".A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Mércores 25 de novembro10:30 h.Xoves 26 de novembro10:30 h.Venres 27 de novembro10:30 h.Sábado 28 de novembro10:30 h.Domingo 29 de novembro16:15: Deportivo - FC Barcelona, en ABANCA-RIAZOR

O partido de Copa ante o Club Portugalete, fixado para o mérc...

Longo desprazamento de máis de 35.000 quilómetros de Daniela ...

Alemaña e Uruguai serán os rivais de Sofía Domínguez en dous ...

Traballo para o Dépor ABANCA nunha semana sen competición lig...

Michi Apóstol xa está concentrada con Venezuela para 3 partid...

O Dépor ABANCA - Real Sociedad do mércores 9 de decembro ás 1...