
DÉPOR ABANCA · 24 NOVEMBRO 2026
ALEMAÑA E URUGUAI SERÁN OS RIVAIS DE SOFÍA DOMÍNGUEZ EN DOUS AMIGABLES PARA ARXENTINA
Evelyn Sofía Domínguez Acuña (Buenos Aires, Argentina, 16 de decembro de 2005), coñecida futbolisticamente como Sofía Domínguez, está convocada por Argentina para dous partidos amigables con Alemaña e Uruguai.A polivalente futbolista branquiazul xa prepara coa súa selección o primeiro deles, ante as alemás o domingo 29 de novembro ás 20:15 (00:15 do luns 30 en Galicia) na cidade de La Plata.O calendario de partidos de Sofía Domínguez é o seguinte:Domingo 29 de novembro20:15 (hora local, 00.15 do luns 30 en Galicia): ARGENTINA - ALEMAÑA, no Estadio Único Tricampeones del Mundo - Diego A. Maradona (La Plata)Venres 4 de decembro19:00 (23:00 en Galicia): ARGENTINA - URUGUAI, no Estadio Barracas Central (Buenos Aires)Na súa primeira temporada no Dépor ABANCA, Sofía Domínguez leva ata a data 11 partidos disputados, 2 deles como titular, con 1 gol anotado.

Traballo para o Dépor ABANCA nunha semana sen competición lig...

Michi Apóstol xa está concentrada con Venezuela para 3 partid...

O Dépor ABANCA - Real Sociedad do mércores 9 de decembro ás 1...

Sesión do Dépor este luns 23 en dous grupos previa á xornada ...

O Teatro Colón acolleu a preestrea do documental ‘Dépor, voa’

O Club Portugalete, rival do Dépor na segunda eliminatoria da...