RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Sesión do Dépor este luns 23 en dous grupos previa á xornada de descanso deste martes 24 de novembro

DÉPOR · 23 NOVEMBRO 2026

SESIÓN DO DÉPOR ESTE LUNS 23 EN DOUS GRUPOS PREVIA Á XORNADA DE DESCANSO DESTE MARTES 24 DE NOVEMBRO

O Dépor adestrouse este luns 23 de novembro en dous grupos antes da xornada de descanso deste martes 24 de novembro.Os titulares ante o Deportivo Alavés en Mendizorroza realizaron a activación e pasaron a tarefas de recuperación física.Neste grupo inclúese a Noé, que xogou completo o choque do Fabril ante o CD Coria no campo Arsenio Iglesias.Para o resto do cadro de xogadores, a mañá foi de alta intensidade.

leoroman1123.jpg

Así, o corpo técnico dispuxo unha rolda de pases, un exercicio de posesión, unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido para concluír.Eddahchouri e Bright Ede realizaron a activación e continuaron o seu plan específico co readaptador, Nando Rodríguez.Este martes 24 de novembro hai xornada de descanso.O equipo regresa aos adestramentos o mércores 25 para preparar a seguinte cita ligueira, o domingo 29 de novembro ás 16:15 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR ante o FC Barcelona.

  • amatucciymella1123.jpg
  • villares1123.jpg
  • yere1123.jpg
  • gimenez1123.jpg
  • bil1123.jpg