
DÉPOR · 23 NOVEMBRO 2026
O TEATRO COLÓN ACOLLEU A PREESTREA DO DOCUMENTAL ‘DÉPOR, VOA’
O Teatro Colón acolleu este luns a preestrea de ‘Dépor, voa’, un documental que percorre a identidade, a historia e o sentimento deportivista a través dunha ollada ao presente e ao futuro do Club. A proxección reuniu unha ampla representación da familia blanquiazul, coa presenza de todos os cadros de xogadores do RC Deportivo, corpos técnicos, traballadores e conselleiros.O acto comezou cunha presentación a cargo dos directores do documental, Pablo Deus e Carlos Morán, que compartiron cos asistentes algúns detalles do proceso de creación e da proposta audiovisual.

A continuación, tivo lugar un coloquio moderado por Marta Castro, responsable de Contidos do Club, no que participaron Massimo Adalberto Benassi, Germán Parreño e David Mella. Os tres deportivistas compartiron as súas impresións e reflexións arredor do significado de formar parte do Dépor e dos valores que representa o Club.Durante a súa intervención, Massimo Adalberto Benassi puxo o acento na evolución do proxecto deportivo e institucional durante os últimos tres anos e na importancia de manter a ambición e o compromiso co crecemento do Club: «O que vemos aquí é unha historia de superación. Cando chegamos ao Club, o Fabril acababa de ascender a Segunda RFEF, as rapazas estaban en Segunda División e o primeiro equipo levaba tres temporadas en Primera RFEF… Todo foi posible grazas á orde e ao talento, como dixo Arsenio, e porque nos centramos moito en mellorar cada día. A historia deste Club é moi grande. Agora, tres anos despois, estamos en Primera. Non chegamos a ningures e non nos temos que conformar co que temos. Ser do Dépor hoxe é non esquecernos de onde vimos, non conformarnos co que temos e traballar cada día por chegar máis lonxe. En nome do presidente e de todo o Consello de Administración, moitas grazas polo que facedes cada día polo Dépor».

A preestrea permitiu reunir distintas xeracións e estamentos do Club arredor dunha produción que busca reflectir o vínculo entre o RC Deportivo, a súa xente e A Coruña.A partir do vindeiro 26 de decembro, todos os afeccionados poderán gozar de ‘Dépor, voa’ nos Cantones Cines de A Coruña.


O Club Portugalete, rival do Dépor na segunda eliminatoria da...

O Dépor repite ante o Athletic Club un domingo ás 16:15, conc...

O documental ‘Dépor, voa’ estrearase nos cines o vindeiro 26 ...

Brillante e emotiva participación do Dépor Genuine na primeir...

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina; este domingo 22 con gol...

O Dépor ABANCA B golea o Bizkerre Club e afíanzase no liderad...