
DÉPOR ABANCA B · 22 NOVEMBRO 2026
O DÉPOR ABANCA B GOLEA O BIZKERRE CLUB E AFÍANZASE NO LIDERADO DA SEGUNDA FEDERACIÓN
O Dépor ABANCA B goleou (4-0) ao Bizkerre Club este domingo 22 de novembro no Dépor Training Center en partido correspondente á 10ª xornada en Segunda Federación.Con este resultado, As Nosas lideran a clasificación con 25 puntos polos 21 da SD Eibar B.O técnico deportivista Aitor puido contar con futbolistas que están na dinámica do primeiro equipo como Antía Veiga, Carmen, Antía Mayo, Paula Hernández, Carla Casti ou Karla.Precisamente Karla abriu o marcador aos 9 minutos e tampouco faltou á súa cita co gol Antía Mayo, máxima goleadora da categoría con 8 goles marcados en 9 partidos xogados.Outro tanto de Karla e un de Valbuena no minuto 85 completaron o marcador.Deportivo ABANCA B: Antía Veiga, Vázquez (Valbuena, min. 62), Carmen, Marta Rico (Claudia Sande, min. 75), Sonsoles, Antía Mayo, Paula Hernández (Sara Cercido, min. 64), Karla (Sara Barreda, min. 75), Laura Ruiz, Elsa Ayats (Jenny Corros, min. 62) e Carla Casti.A próxima xornada non haberá competición na categoría.Así pois, a seguinte cita para o Deportivo ABANCA B será o sábado 5 de decembro ás 16:30 de novo no Dépor Training Center ante o Real Oviedo.Os resultados ata a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:Fundación Rayo Vallecano 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Marta Rico, Elsa Ayats, Sara Cercido, Jenny Corros e Valbuena)SD Eibar B 2 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 4 (Karla, Sara Barreda, Antía Mayo e Elsa Ayats) - Real Racing Club 0CD Arratia 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Antía Mayo, Jenny Corros e unha futbolista rival en propia meta)Deportivo ABANCA B 3 (Paula Hernández -2- e Antía Mayo) - CD Filial de Fundación Atlético Osasuna 0As Celtas 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Antía Mayo -2-, Valbuena -2- e Karla)Deportivo ABANCA B 4 (Antía Mayo -2-, Sara Barreda e Karla) - Madrid CFF B 1Deportivo ABANCA B 3 (Antía Mayo, Sara Barreda e Valbuena) - Real Avilés Industrial 2Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 4 (Karla -2-, Antía Mayo e Valbuena) - Bizkerre Club 0


Resultados en ANOSACANTEIRA feminina; este domingo 22 con gol...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 22...

El Fabril deixa escapar 2 puntos ante o CD Coria nun fatídico...

Alberto Rodríguez queda con que en Palamós, "o equipo intento...

Miguel Loureiro: "Temos que facer as cousas moito mellor para...

Antonio Hidalgo admite ter co resultado en Vitoria "unha sens...