RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo admite ter co resultado en Vitoria "unha sensación fea"

DÉPOR · 22 NOVEMBRO 2026

ANTONIO HIDALGO ADMITE TER CO RESULTADO EN VITORIA "UNHA SENSACIÓN FEA"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de Mendizorroza que "aquí hai dúas vertentes, xogadores e adestrador. O adestrador seguramente hoxe non acertou en moitísimas cousas. E logo está a vertente do xogador. Eu fun futbolista e sei como podes funcionar recibindo un gol no minuto 1 nun partido moi incómodo ante un rival que o xoga todo, que ten unha necesidade grande, que a distancia de puntos non era moi grande, e parecía que a nosa situación era idílica e moi cómoda e a súa moi mala. Agora con estes 3 puntos pásannos por diante".O técnico deportivista insiste en "ter esa sensación, esa necesidade, ese sangue nos ollos constantemente porque todo está moi igualado. Hai un nivel moi grande nun equipo como o Deportivo Alavés con xogadores con moitísimo talento".Nesta liña, recoñece "a vitoria do Deportivo Alavés, que foi mellor ca nós, competiu mellor".Preguntado polo segundo gol alavesista nunha polémica xogada entre Lucas Boyé e Miguel Loureiro, Antonio Hidalgo teno claro: "Antes de nada eu non me quero escusar. Gañáronnos e gañáronnos ben. Hai que ser honesto co que pasou. O árbitro non tivo ningunha incidencia no resultado final. É certo que che deixa máis tempo vivo e poder seguir loitando. O Alavés tivo logo achegamentos suficientes para poñerse 2-1 mesmo antes. Para min é falta clarísima. Iso viuno calquera. Que non o chame o VAR paréceme difícil de entender como no córner (previo ao penalti). Na imaxe que vin no banco paréceme que non é córner".Finalmente admite sobre a derrota en Vitoria que "cando perdo sempre marcho a desgusto. Ao final é perder. É unha sensación fea pero cando perdemos estamos todos fodidos".

Real Club Deportivo de A Coruña