RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor cae derrotado por 3-1 ante un Deportivo Alavés que "mereceu gañar con absoluta xustiza"

DÉPOR · 21 NOVEMBRO 2026

O DÉPOR CAE DERROTADO POR 3-1 ANTE UN DEPORTIVO ALAVÉS QUE "MERECEU GAÑAR CON ABSOLUTA XUSTIZA"

O Dépor retomou LaLiga EA Sports tras o parón de seleccións cunha derrota por 3-1 nun ateigado Mendizorroza ante o Deportivo Alavés este sábado 21 de novembro por primeira vez esta temporada ás 14:00.Con este resultado, Os Nosos quedan con 15 puntos á espera do resto da xornada."Houbo un equipo que mereceu gañar con absoluta xustiza, que tivo unha gran intensidade, que nos gañou todos os duelos", admitiu Antonio Hidalgo.Foron baixa para o encontro os tocados Bright Ede e Zakaria Eddahchouri.Dos 5 internacionais que foron regresando aos poucos ao longo da semana unicamente foi titular Lucas Noubi, que substituíu a Giménez despois de que o uruguaio adestrase co equipo unicamente onte venres.Así pois, David Mella, Nsongo Bil e Amatucci, ademais do citado Giménez, comezaron no banco.Respecto ao choque ante o RCD Espanyol de hai 15 días, Antonio Hidalgo introduciu 5 cambios: Ximo Navarro por Altimira, o citado Lucas Noubi por Giménez, Casadó por Amatucci, Riki por Mella e Aubameyang por Nsongo Bil.Noé foi o representante de ANOSACANTEIRA na convocatoria.O partido púxose costa arriba aos 2 minutos. Ángel Pérez recibe un pase medido ás costas da defensa e bate a Leo Román a pracer.Tocaba remar a contracorrente.O tanto non freou o Deportivo Alavés, que non daba respiro aos blanquiazules (esta tarde de negro). Aos 13 minutos, Toni Martínez adiántase no primeiro pau a un centro desde a esquerda pero sen puntería.Aos 18 minutos, de novo Toni Martínez encara a Quagliata e o seu disparo, centrado, sácao Leo Román con apuros. Corría o minuto 18.Non conseguía chegar o Dépor á portería de Sivera mentres que, pasada a media hora, Lucas Boyé faise cun balón perdido no centro do campo e intenta unha vaselina sobre un adiantado Leo Román. O porteiro deportivista logra sacar o balón cunha boa estirada.Pouco despois, Rebbach faise con outro balón solto na frontal da área e chuta alto con toda a defensa deportivista descolocada.Practicamente na primeira acción con perigo do Dépor Aubameyang plántase só ante Sivera, intenta ceder a Yeremay que chegaba á súa esquerda e Tenaglia mete o balón na súa propia portería."Fomos capaces de igualar o partido", alegrábase Antonio Hidalgo.Con 1-1 chegouse ao descanso.

adama1121.jpg

Tras o paso polos vestiarios, Hidalgo moveu ficha: Giménez e Adama substitúen un amoestado Ximo Navarro e Riki.Pero volveron saír moi fortes os alavesistas.Nun saque de esquina que non foi e que non revisou o VAR no minuto 54, Mario Soriano tapa involuntariamente coa man un remate de cabeza do seu par. O colexiado pita penalti.Leo Román adiviña a intención de Lucas Boyé e evita cunha gran parada o 2-1."Seguiamos dentro do partido", admitía o preparador branquiazul.Non acusou este golpe o Deportivo Alavés, que seguiu co mando do xogo."Custounos moitísimo en todo tipo de duelos. Emparelláronnos un contra un na primeira liña e daquela custounos unha barbaridade atopar a xente da última liña", apuntou o adestrador do Dépor.Ibáñez chuta desde a frontal por riba do traveseiro.Non fallou Lucas Boyé nun remate de cabeza que superou esta vez si a Leo Román no minuto 62."Foi falta clarísima", afirmou Loureiro na zona mixta despois de ser empurrado claramente polo dianteiro alavesista cando estaba no aire no seu intento de despexar o centro.O árbitro tampouco acudiu ao VAR para revisar a xogada.Hidalgo dá entrada a Nsongo Bil e Asp Jensen por Yeremay e Luismi nun intento de cambiar de rumbo.O primeiro disparo á portería na segunda metade do Dépor foi de Aubameyang, de volea, a centro de Adama. Sivera, ben colocado, atalla na mesma liña de gol.O Deportivo Alavés sentenciou o partido no minuto 89 cun terceiro tanto de Denis Suárez tras unha xogada fabricada por Lucas Boyé, que lle deu o tanto a pracer ao galego."Temos que mirar moi dentro de nós para saber que o nivel de competitividade hai que elevalo e ter un nivel de esixencia alto; e de necesidade, necesidade de sumar cada semana cando poidas pensar que tes unha situación cómoda. Sempre vexo as cousas doutro xeito", concluíu Antonio Hidalgo.Deportivo Alavés: Sivera, Denis Suárez, Ángel Pérez (Hugo Novoa, min. 68 e Xanet Olaiz, min. 79), Blanco, T. Martínez (Mariano, min. 76), Tenaglia, Lucas Boyé, Koski, Otto, Ibáñez (Guevara, min. 76) e Rebbach (Youssef, min. 68)Deportivo: Leo Román, Ximo Navarro (Giménez, min. 46), Lucas Noubi, Loureiro, Quagliata, Casadó, Riki (Adama, min. 46), Luismi (Asp Jensen, min. 65), Yeremay (Nsongo Bil, min. 65), Mario Soriano (Amatucci, min. 61) e AubameyangÁrbitro: Víctor García, do comité catalán. Amoestou a Ximo Navarro (min. 5), Quagliata (min. 19), Ángel Pérez (min. 33), Loureiro (min. 48), Adama (min. 56), Rebbach (min. 56), Lucas Boyé (min. 65) e Guevara (min. 89)Goles: 1-0 Ángel (min. 2); 1-1 Tenaglia en propia meta (min. 41); 2-1 Lucas Boyé (min. 62); 3-1 Denis Suárez (min. 89)Incidencias: partido disputado en Mendizorroza baixo unha persistente chuvia, cuns 300 deportivistas entre os 17.277 espectadores

ximonavarro1121.jpg