RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Manuel Pablo: "Somos os novos, xente nova. Estamos aprendendo de todo o que nos está pasando"

DÉPOR FABRIL · 20 NOVEMBRO 2026

MANUEL PABLO: "SOMOS OS NOVOS, XENTE NOVA. ESTAMOS APRENDENDO DE TODO O QUE NOS ESTÁ PASANDO"

Manuel Pablo subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center que en Primera Federación "hai que afacerse, corrixir, estar pendentes deles (en referencia aos xogadores) e intentar buscar solucións. Somos os novos, xente nova. Estamos aprendendo de todo o que nos está pasando. Hai que intentar buscar solucións aos erros que estamos cometendo".Cre que "a nivel competitivo sempre estamos aí salvo o día do CD Extremadura. É verdade que os erros nos están lastrando moito. Hai que buscar solucións. Cambiamos de sistema. Ata o día do CD Extremadura rematárannos 2 veces pero agora o balón parado converteuse nunha dor de cabeza".Quere que "o equipo teña eses recursos para situacións que nos están pasando. Estamos nesa dinámica na que parece que todas esas situacións se che volven en contra e hai que intentar seguir mantendo a enerxía competitiva que estamos amosando e crer que estas situacións poden cambiar".Do CD Coria, rival este domingo 22 de novembro ás 16:00 (Fan Play TV) no campo Arsenio Iglesias, Manuel Pablo advirte que "dos últimos 5 partidos gañou 3, empatou 1 e perdeu outro. Nós queremos tamén coller dinámicas positivas. O que temos que facer é non perder o do outro día, competimos moi ben en moitos momentos contra un equipo de moitos duelos. Nese sentido estivemos fortes sobre todo no medio e a partir de aí amosar ese nivel en ataque, que o tivemos".Finalmente o técnico fabrilista subliña que esta Primera Federación "é unha categoría moi igualada. Non podemos desconectar. Temos que ter tranquilidade. Vai haber momentos nos que imos sufrir e intentar que os erros sexan os menos posibles e que non nos prexudiquen".

Real Club Deportivo de A Coruña