
DÉPOR · 19 NOVEMBRO 2026
LUISMI CRUZ ADVIRTE QUE "MIRAR MÁIS ALÁ DO DEPORTIVO ALAVÉS É EQUIVOCARNOS"
Luismi Cruz manifestou este xoves 19 de novembro na sala de prensa do Dépor Training Center sobre o Deportivo Alavés, rival este sábado 21 de novembro ás 14:00 (Movistar LaLiga) en Mendizorroza, que "é un rival duro, compite todos os partidos, no seu campo fanse fortes, gañan moitos duelos".Cualifica o conxunto vasco como "un rival directo" e sostén sobre o calendario dos próximos partidos, co FC Barcelona e o Real Madrid como visitantes en ABANCA-RIAZOR antes do parón do Nadal, que "mirar máis alá do Deportivo Alavés é equivocarnos. Primeiro temos que centrarnos neste partido, no importante".O futbolista andaluz asegura así mesmo que "nós imos coa mesma ambición de sempre, de ir polos 3 puntos, de facer o noso mellor partido. A partir de aí ver como vai evolucionando o partido".A nivel persoal, Luismi Cruz afirma atoparse "moi ben. Estou atopando sensacións boas. Nas posicións nas que o míster decide poñerme intento adaptarme. Intento dar o máximo de min onde me poñan en beneficio do grupo".Lembra respecto á recuperación dos lesionados que "cantos máis xogadores do cadro sexamos máis difícil llo poñeremos ao míster pero á vez subirá o nivel do grupo, o nivel desa competitividade que temos dentro. Benefícianos a todos".Finalmente o atacante deportivista cre que o empate da última xornada ante o RCD Espanyol "nos serve para aprender. Somos moitos os que somos novos na categoría e estamos atopándonos con escenarios novos pero sérvenos para sacar adiante os partidos que veñan da mellor maneira".

Alberto Rodríguez constata que "a Liga F cada vez está máis i...

O Dépor ABANCA viaxa este venres 20 de novembro a Girona, vía...

Calendario dos partidos en ANOSACANTEIRA, con 9 partidos o sá...

Un Dépor "con moitas ganas de volver competir" recibiu este x...

O RC Deportivo incorpora a tecnoloxía de SoccerSolver á súa o...

A RC Deportivo Fundación e HM Hospitales unen forzas para coi...