RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O RC Deportivo incorpora a tecnoloxía de SoccerSolver á súa operativa deportiva

DÉPOR · 18 NOVEMBRO 2026

O RC DEPORTIVO INCORPORA A TECNOLOXÍA DE SOCCERSOLVER Á SÚA OPERATIVA DEPORTIVA

O Club alcanzou un acordo de colaboración para a temporada 2026-27 coa compañía especializada en análise preditiva e financeira aplicada ao fútbol.O RC Deportivo e SoccerSolver alcanzaron un acordo de colaboración estratéxica para a temporada 2026/27 co obxectivo de incorporar novas ferramentas tecnolóxicas e de análise de datos aos procesos de traballo da área deportiva do Club.A través desta alianza, o Deportivo integrará os modelos preditivos e as ferramentas de análise de SoccerSolver para complementar a avaliación de xogadores, identificar oportunidades e analizar posibles operacións no mercado de fichaxes.A colaboración enmárcase na aposta do RC Deportivo pola innovación e a aplicación de novas tecnoloxías á xestión deportiva, incorporando ferramentas que complementen o coñecemento e a experiencia dos seus profesionais na toma de decisións.