RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
A RC Deportivo Fundación e HM Hospitales unen forzas para coidar do Dépor Genuine

FUNDACIÓN · 18 NOVEMBRO 2026

A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN E HM HOSPITALES UNEN FORZAS PARA COIDAR DO DÉPOR GENUINE

O acordo garante a cobertura sanitaria do equipo deportivista de cara á súa participación en LaLiga Genuine Moeve, que comeza esta fin de semana en Tarragona.A RC Deportivo Fundación e HM Hospitales, provedor sanitario de referencia do RC Deportivo, asinaron un acordo de colaboración esta temporada.Deste xeito tamén se garante a cobertura sanitaria do Dépor Genuine durante a súa participación en LaLiga Genuine Moeve, cuxa nova temporada arrinca esta fin de semana en Tarragona.Esta alianza reforza o compromiso de ambas as entidades co benestar, a saúde e o coidado dos xogadores e xogadoras do Dépor Genuine, un equipo que representa algúns dos valores máis importantes do deporte: a inclusión, o compañeirismo, o respecto, a superación e a ilusión.Con este acordo, HM Hospitales volve amosar a súa implicación coa familia deportivista, estendendo o seu compromiso sanitario máis alá do primeiro equipo e acompañando un grupo de futbolistas que demostra, xornada tras xornada, que o fútbol é moito máis que competir.No Dépor Genuine cada adestramento, cada viaxe e cada partido son unha oportunidade para compartir, medrar e gozar. Un equipo que nos lembra que non hai barreiras cando se xoga co corazón e que o verdadeiro valor do fútbol está nas persoas.