
DÉPOR · 18 NOVEMBRO 2026
NSONGO BIL, LORENZO AMATUCCI E LUCAS NOUBI INCORPÓRANSE AOS ADESTRAMENTOS NUNHA SESIÓN CON ALTA CARGA TÁCTICA
Nsongo Bil, Lorenzo Amatucci e Lucas Noubi, tras chegar este martes 17 de novembro a A Coruña de regreso das concentracións das súas respectivas seleccións, incorporáronse este mércores 18 de novembro aos adestramentos no Dépor Training Center.O camerunés, con 170 minutos de xogo dun total de 180 disputados por Camerún nesta xanela FIFA, ademais dunha longa viaxe de 18.000 quilómetros, quedou no ximnasio con tarefas de recuperación.Si saltaron ao céspede Lucas Noubi e Lorenzo Amatucci.O central belga, tamén con 172 minutos de xogo dun total de 180, fixo a activación co grupo e pasou logo a tarefas específicas.Menos carga de minutos tivo Lorenzo Amatucci con Italia sub-21: un total de 117 minutos dun total de 180. O internacional italiano si completou toda a sesión co grupo.

David Mella chega este mércores e xa se adestrará este xoves 19 no Dépor Training Center; mentres que Giménez, que xogou na localidade uruguaia de Maldonado esta pasada madrugada, aterrará este xoves en A Coruña para traballar co equipo o venres 20 a partir das 12:00.A maiores, Bright Ede está con adestramento personalizado mentres que Zakaria Eddahchouri fai parte do traballo co equipo e parte co readaptador, Nando Rodríguez.Rubén López, Samu e Íker Gil foron os representantes de ANOSACANTEIRA.O corpo técnico dispuxo, tras unha activación con rondos, un exercicio de posesión no campo 2.Este xoves 19 de novembro Os Nosos adestraranse de novo a partir das 10:30 no Dépor Training Center.

Unionistas no Reina Sofía o sábado 28 de novembro e Real Avil...

José María Giménez foi titular na goleada de Uruguai á Repúbl...

As Nosas retoman os adestramentos tras a xesta ante o Barça e...

David Mella disputa a segunda metade do Albania-España sub-21...

O Dépor arrinca a semana de traballo previa á visita ao Depor...

O Dépor Genuine arranca unha edición máis de LaLiga Genuine M...




