RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Alberto Rodríguez constata que "a Liga F cada vez está máis igualada"

DÉPOR ABANCA · 19 NOVEMBRO 2026

ALBERTO RODRÍGUEZ CONSTATA QUE "A LIGA F CADA VEZ ESTÁ MÁIS IGUALADA"

Alberto Rodríguez subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center que "estamos vendo que a Liga F cada vez está máis igualada, especialmente este ano".De feito, engade que "dentro da propia liga, a medida que pasan as xornadas, cada vez está todo máis igualado. Todos os equipos poñen en apertos os de arriba. Iso fai a competición máis bonita, advírteche de que non hai ningún partido fácil e de que dentro dos partidos hai que manterse moi concentradas para que unha desconexión non che custe un gol ou situacións de perigo que cambien a dinámica dos encontros".Do polémico final do partido ante o FC Barcelona apunta que "o Club xa emitiu un comunicado" e destacou "o partido do equipo a nivel deportivo. Os temas arbitrais xa son pasado para nós. Estamos centradas no FC Badalona Women. Felicitar o equipo e a polo seguinte reto".Precisamente sobre o conxunto catalán, rival este sábado 21 de novembro ás 12:00 (Dazn e RTVE Play) no Estadi Palamós-Costa Brava, advirte que "ten grandísimas xogadoras. Non empezaron tan ben a nivel de resultados pero si a nivel de xogo. Manexa moi ben a pelota, achega moitas xogadoras ao balón e ás veces fai que te desordenes".Así pois, pídelles ás súas futbolistas estar "moi concentradas moitos minutos para que o que nós queremos que pase suceda o antes posible".

Real Club Deportivo de A Coruña