RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Un Dépor "con moitas ganas de volver competir" recibiu este xoves 19 a outro dos seus internacionais, David Mella, que completou toda a sesión

DÉPOR · 19 NOVEMBRO 2026

UN DÉPOR "CON MOITAS GANAS DE VOLVER COMPETIR" RECIBIU ESTE XOVES 19 A OUTRO DOS SEUS INTERNACIONAIS, DAVID MELLA, QUE COMPLETOU TODA A SESIÓN

O Dépor recibiu este chuvioso xoves 19 de novembro no Dépor Training Center o seu penúltimo internacional en chegar, David Mella.O canteirán chega tras disputar media hora ante Xapón e medio tempo ante Albania.Así pois, completou toda a sesión con normalidade ás ordes de Antonio Hidalgo.Ao longo desta tarde o último dos internacionais, José María Giménez, ten previsto aterrar no Aeroporto de A Coruña e adestrarase xa este venres co Dépor a partir das 12:00 no Dépor Training Center na última sesión previa ao encontro deste sábado 21 de novembro ás 14:00 (Movistar LaLiga) en Mendizorroza ante o Deportivo Alavés.Luismi Cruz asegura que o equipo ten moitas ganas de volver competir. Estamos recuperando compañeiros internacionais, e estamos recuperando a Zaka, a Bright. Estamos case todos xa e con ganas de que chegue este sábado para poder gañar".

amatucci1119.jpg

Con Álvaro Ferllo con permiso este xoves, Zakaria Eddahchouri alterna tarefas co grupo e outras co readaptador, Nando Rodríguez; mentres que Bright Ede está con adestramento personalizado ao igual que Aubameyang, con molestias nun nocello.Hugo Ríos, Noé e Rubén López foron os representantes de ANOSACANTEIRA.O corpo técnico dispuxo tras unha activación con rondos un ensaio de accións a balón parado, un exercicio de finalizacións e unha tarefa táctica.

ximonavarro1119.jpg