
DÉPOR · 20 NOVEMBRO 2026
UN DÉPOR COS SEUS 5 INTERNACIONAIS VISITA ESTE SÁBADO 21 DE NOVEMBRO ÁS 14:00 EN MENDIZORROZA UN DEPORTIVO ALAVÉS "CON GANAS DE VOLVER CONECTAR COA NOSA AFECCIÓN"
O Dépor retoma LaLiga EA Sports tras o parón de seleccións nun ateigado Mendizorroza ante o Deportivo Alavés este sábado 21 de novembro por primeira vez esta temporada ás 14:00 (Movistar LaLiga).Os Nosos, que empataron hai 15 días no RCDE Stadium ante o RCD Espanyol, suman 15 puntos situados na 9ª posición.Serán baixa para o encontro Bright Ede e Zakaria Eddahchouri.Antonio Hidalgo explicou na rolda de prensa previa que "Zaka vai evolucionando moi positivamente e xa está facendo cousas co grupo. Entendemos que a semana que vén poderá participar máis. Bright empezou cun pouco máis de carga a semana pasada. Non se atopaba de todo cómodo. Por precaución decidimos parar un pouco a ver se esa evolución podía ser un pouco máis segura".En canto a Aubameyang, que onte sufría unhas molestias nun nocello, o técnico declarou ser "sempre optimista" sobre a posibilidade de que poida estar á súa disposición para o partido ante os alavesistas.O dianteiro deportivista completou unha parte co grupo e outra cun plan adaptado de golpeos e remates.Os branquiazuis puxeron este venres o punto e final a unha semana de adestramentos marcada polo paulatino regreso dos internacionais.Así, Nsongo Bil, Lorenzo Amatucci e Lucas Noubi puxéronse ás ordes de Antonio Hidalgo o mércores; David Mella este xoves; e José María Giménez este mesmo venres despois de ser titular na madrugada en Galicia do pasado martes ao mércores con Uruguai ante a República Dominicana.O preparador branquiazul admitiu que sobre todo no caso do internacional uruguaio "son viaxes moi longas. Acaba de chegar e mañá tomaremos a mellor decisión".
Este venres, o central deportivista completou unha parte da sesión cos seus compañeiros antes de pasar a tarefas de recuperación física.

O corpo técnico dispuxo este mediodía para pechar a semana de traballo antes de partir a primeira hora da tarde a Vitoria unha activación con rondos, un ensaio de accións a balón parado, fútbol reducido e un exercicio de finalizacións.Noé foi o representante de ANOSACANTEIRA.Sobre o fabrilista, Antonio Hidalgo veo "nunha dinámica de crecemento e que está demostrando en Primera RFEF o talento e a calidade que ten. Contamos moitísimo con el pero temos un gran número de xogadores nesa posición. Temos que ver os momentos nos que podemos ir introducindo a Noé na dinámica do primeiro equipo. Está dando pasos cara adiante pero ten que seguir empurrando no día a día connosco. Estamos encantados con el e o seu rendemento así o está demostrando".A última vez que o Dépor pisou o céspede de Mendizorroza foi a temporada pasada, con motivo da visita ao CD Mirandés, que daquela se vía obrigado a xogar lonxe de Anduva. Naquela ocasión golearon Os Nosos (0-5) con Luismi Cruz -2- e Eddahchouri -3- como goleadores.Pola súa parte, o Deportivo Alavés, que a pasada semana empatou (0-0) co Sevilla FC no Sánchez Pizjuán, é 12º con 13 puntos.En Mendizorroza esta temporada o cadro vitoriano venceu ao Getafe CF (3-0), ao Villarreal CF (1-0) e ao CA Osasuna (5-2); empatou co Málaga CF (1-1); e caeu co Valencia CF (0-1) e Atlético de Madrid (1-2).Quique Sánchez Flores, técnico alavesista, explicou que os seus internacionais "chegaron ben. Mariano e Abde incorpóranse mañá (por hoxe). E o equipo está coa idea de recuperar niveis que tivemos antes".Cualifica o partido do Dépor como "moi importante. Os xogadores teñen moitas ganas, todos temos ganas de volver conectar coa nosa afección, volver darlles o partido que merecen. Levo imaxinando o partido durante bastante tempo e oxalá saia como o imaxino".Finalizado o choque, Os Nosos viaxan de regreso nun voo que aterra a media tarde no Aeroporto de A Coruña.O cadro de xogadores adestrarase de novo o luns 23 de novembro a partir das 10:30 no Dépor Training Center.

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina, co líder Dépor ABANCA B...

Manuel Pablo: "Somos os novos, xente nova. Estamos aprendendo...

Antonio Hidalgo advirte da "dificultade que ten Mendizorroza ...

Un Dépor ABANCA coas "cousas positivas, que foron moitas" do ...

Alberto Rodríguez constata que "a Liga F cada vez está máis i...

Luismi Cruz advirte que "mirar máis alá do Deportivo Alavés é...




