
DÉPOR ABANCA · 20 NOVEMBRO 2026
UN DÉPOR ABANCA COAS "COUSAS POSITIVAS, QUE FORON MOITAS" DO PARTIDO ANTE O BARÇA VISITA ESTE SÁBADO 21 ÁS 12:00 EN PALAMÓS AO FC BADALONA WOMEN
O Dépor ABANCA mídese este sábado 21 de novembro ás 12:00 no Estadi Municipal de Palamós-Costa Brava ao FC Badalona Women, en partido correspondente á 12ª xornada na Liga F.As Nosas pasan páxina dun dos mellores partidos da súa historia, o do pasado domingo en ABANCA-RIAZOR ante o FC Barcelona resolto cun empate (1-1) e con tanto azulgrana fóra de tempo.Con este resultado, o conxunto branquiazul suma 12 puntos na 10ª posición."Hai un bloque importante de equipos a un partido. Podes achegarte ao 6º ou 7º posto e nun partido quedar 13º ou 14º. Somos coñecedores desa igualdade. Estamos competindo ben. A nivel de concentración o máximo expoñente foi o partido contra o Barça", advertiu Alberto Rodríguez.Pide "rescatar as cousas positivas dese partido, que obviamente houbo moitas; e coa advertencia de que non teriamos competido contra o Barça nin o imos facer contra ningún dos demais equipos se non somos capaces de manter esa concentración e esa esixencia ao longo dos 90 minutos".O técnico deportivista explica sobre as lesionadas que "Espe Pizarro e Merle Barth están facendo xa partes co grupo. Inês tamén fixo algunha situación parcial de adestramento. Están achegándose á parte final das readaptacións e un pouco máis lonxe segue Eva Alonso".Pola súa parte, o FC Badalona Women, que a pasada xornada empatou (3-3) no Estadio Alfredo di Stéfano, ten 9 puntos na 15ª posición.No seu campo esta temporada as catalás empataron coa Real Sociedad (0-0); e caeron co Granada CF (0-1), UD Costa Adeje Tenerife (0-4) e FC Barcelona (0-4).

Foto: FC Badalona WomenA ex deportivista Lucía Martínez, agora nas filas do FC Badalona Women, apunta que "sempre é bonito vivir momentos con compañeiras doutros anos. Teño moi bos recordos e teño moitas ganas tamén porque o equipo está preparado, ten moita fame, moitas ganas. Haberá que demostralo a fin de semana".Do choque entre o Dépor ABANCA e o FC Barcelona a ex futbolista blanquiazul destaca que as deportivistas "fixeron as cousas moi ben. Mantiveron un bloque moi compacto durante todo o partido e o resultado reflectiuno".As Nosas adestráronse por última vez este venres ás 9:00 no Dépor Training Center antes de viaxar a Girona, vía Barcelona, con esta folla de ruta:Venres 20 de novembro9:00: Adestramento no Dépor Training Center13:35: Saída do voo de Santiago con destino ao Aeroporto de Barcelona-Josep Tarradellas15:35 (hora aproximada): Chegada ao Aeroporto de Barcelona-Josep Tarradellas e saída cara a Palamós17:15: Chegada ao hotel Palau de Bellavista by URH en GironaSábado 21 de novembro12:00: FC Badalona Women - Deportivo ABANCA, no Estadi Palamós-Costa BravaAo rematar, parada para xantar e saída ao Aeroporto de Barcelona-Josep Tarradellas20:05: Saída do voo do Aeroporto de Barcelona-Josep Tarradellas21:50 (hora aproximada): Chegada a GaliciaAs Nosas adestraranse de novo o domingo 22 de novembro ás 11:30 no Dépor Training Center.

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina, co líder Dépor ABANCA B...

Manuel Pablo: "Somos os novos, xente nova. Estamos aprendendo...

Antonio Hidalgo advirte da "dificultade que ten Mendizorroza ...

Un Dépor cos seus 5 internacionais visita este sábado 21 de n...

Alberto Rodríguez constata que "a Liga F cada vez está máis i...

Luismi Cruz advirte que "mirar máis alá do Deportivo Alavés é...