
DÉPOR · 20 NOVEMBRO 2026
ANTONIO HIDALGO ADVIRTE DA "DIFICULTADE QUE TEN MENDIZORROZA CANDO ESTÁ CHEO E APERTA"
Antonio Hidalgo afirmou na sala de prensa do Dépor Training Center que o Deportivo Alavés, rival este sábado 21 de novembro ás 14:00 (Movistar LaLiga) en Mendizorroza, "vén facendo unhas boas campañas nos últimos anos, estabilizado en Primera División, facendo incorporacións importantes como a de Lucas Boyé, Miguel Rodríguez, Aleñá, Denis, Toni Martínez... Demostraron que teñen a posibilidade de acudir ao mercado e traer moi bos xogadores. Están a sacar un bo rendemento na competición".O técnico deportivista é consciente de "a dificultade que ten Mendizorroza cando está cheo e aperta. Imos ter que estar moi concentrados pero como en calquera outro tipo de partido. Vai ser un partido moi igualado e moi disputado da categoría".Cun esixente calendario ata o parón de Nadal, incluídas as visitas a ABANCA-RIAZOR do Real Madrid e do FC Barcelona, insiste en que "isto é mañá, sumar de 3 mañá é o importante. A dificultade do que vén xa a sabiamos cando saíu o calendario. Estamos encantados de poder ter este tipo de rivais enfronte. Sabemos a dificultade que ten sumar de 3 en LaLiga EA Sports. Mañá é o máis inmediato, o máis importante".Neste sentido lembra finalmente que o Deportivo Alavés "vai competir polos mesmos obxectivos que temos nós e por iso o partido de mañá é fundamental".

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina, co líder Dépor ABANCA B...

Manuel Pablo: "Somos os novos, xente nova. Estamos aprendendo...

Un Dépor ABANCA coas "cousas positivas, que foron moitas" do ...

Un Dépor cos seus 5 internacionais visita este sábado 21 de n...

Alberto Rodríguez constata que "a Liga F cada vez está máis i...

Luismi Cruz advirte que "mirar máis alá do Deportivo Alavés é...