RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
El Fabril recibe este domingo 22 ás 16:00 ao CD Coria no campo Arsenio Iglesias "igual de cómodos" que en ABANCA-RIAZOR

DÉPOR FABRIL · 21 NOVEMBRO 2026

EL FABRIL RECIBE ESTE DOMINGO 22 ÁS 16:00 AO CD CORIA NO CAMPO ARSENIO IGLESIAS "IGUAL DE CÓMODOS" QUE EN ABANCA-RIAZOR

El Fabril enfróntase este domingo 22 de novembro ao CD Coria en partido correspondente á 13ª xornada en Primera Federación.O choque arrancará ás 16:00 (Fan Play TV) e será por segundo encontro consecutivo no campo Arsenio Iglesias.Manuel Pablo subliña que "en ABANCA-RIAZOR ata o día do CD Extremadura competiramos ben e eles séntense cómodos. E aquí, que che vou dicir? É a nosa casa, estamos todo o día aquí e sentímonos cómodos".Lembra que "como todos os equipos cando xogas na casa estás cómodo e fóra vaiche custar máis. Estamos igual de cómodos aquí".Os fabrilistas, tras o empate ante o Barakaldo CF, suman 12 puntos na 18ª posición.En canto ás baixas, o técnico fabrilista explica que os lesionados "non son xogadores que estean para a semana, senón para un período máis longo. O que máis preto está de volver é Dipanda. Damián Canedo está adestrando pero sen ficha. Imos recuperando algún efectivo pero perdemos a Manu Ferreiro tamén".Precisamente do canteirán engade que "están facendo probas pero é unha rotura que non vai ser de 1 semana ou 2. É unha mágoa porque falamos do talento de Manu pero estalle custando estes últimos anos o tema das lesións".Iso si, o equipo tamén poderá contar con xogadores que están na dinámica do primeiro equipo como Kevin Sánchez e Rubén López; ademais de Noé, que viaxou a Vitoria pero non xogou ante o Deportivo Alavés.

benji.jpeg

Foto: CD CoriaPola súa banda, o CD Coria, que a pasada xornada venceu por 4-2 ao Unionistas de Salamanca CF, ten 15 puntos na 13ª posición.Lonxe do seu campo esta campaña os estremeños venceron ao CD Mirandés (0-2); empataron co AD Mérida (0-0); e caeron co Real Unión (4-1), CD Lugo (1-0) e Zamora CF (2-0).O seu técnico Rai Rosa asegura que a semana, despois de 2 vitorias consecutivas foi "moi tranquila, moi boa de traballo. Cando a dinámica é positiva o ambiente sempre cambia".Apunta que "viaxamos moi ilusionados á Coruña, a intentar realizar un bo partido, seguir con esta dinámica".Finalmente o adestrador do CD Coria admite que é o mellor momento da temporada para o equipo aínda que advirte que "sempre hai algo que mellorar".