RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Un Dépor ABANCA incómodo non logra sumar na súa visita ao FC Badalona Women tras un encontro que "non foi un bo partido pola nosa parte"

DÉPOR ABANCA · 21 NOVEMBRO 2026

UN DÉPOR ABANCA INCÓMODO NON LOGRA SUMAR NA SÚA VISITA AO FC BADALONA WOMEN TRAS UN ENCONTRO QUE "NON FOI UN BO PARTIDO POLA NOSA PARTE"

O Dépor ABANCA perdeu 2-1 este sábado 21 de novembro no Estadi Municipal de Palamós-Costa Brava co FC Badalona Women, nun partido correspondente á 12ª xornada na Liga F.Este resultado deixa a As Nosas con 12 puntos á espera do resto da xornada.Perderon o encontro por lesión Inês Pereira, Merle Barth, Espe Pizarro, Eva Alonso e Millene.Pola súa banda, Paula Hernández, Karla e Antía Mayo foron as representantes de ANOSACANTEIRA.O choque comezou de forma frenética.Aos 3 minutos, nunha rápida transición catalá pola banda dereita, Irina recibe un pase raso diante de Tarazona e só ten que empurrar o balón para anotar o primeiro tanto."Non entramos ben no partido máis alá do gol que che fai dano porque che rompe os plans", admitiu o técnico deportivista, que ademais lamentou que "estivemos dubitativas cando elas se achegaban na presión; e iso fixo que tivesen máis tempo para tomar decisións e acabásemos moito máis atrás do que queriamos acabar".Con todo, o Dépor ABANCA logrou igualar axiña.Aos 7 minutos, Marisa aproveita unha mala cesión de Lorena a Txell Font e supera de vaselina a gardameta do FC Badalona Women para asinar as táboas.Puido adiantar de novo Marisa o seu equipo pero o seu remate franco na área pequena tras unha acción de Lucía Rivas pola banda dereita estrelouse no pau esquerdo da portería do FC Badalona Women.A fortuna non sorriu a As Nosas nunha xogada que puido ser clave.A pesar de concluír con 1-1, "non fomos nunca o que queriamos ser", recoñeceu Alberto Rodríguez.

olaya1121.jpg

Tras o paso polos vestiarios, "cos axustes que fixemos conseguimos entrar ben", asegurou o preparador deportivista.Aínda así, a primeira oportunidade da continuación foi un tiro seco de Paula que despexa con apuros Tarazona.Pero nun desaxuste defensivo Julve, tras un gran pase de Llompart, marca a pracer o 2-1 e "a nivel anímico supuxo un golpe para o equipo".Intentou o Dépor ABANCA estirarse para buscar a igualada e o adestrador do Dépor ABANCA admite que "a partir do gol fomos máis valentes e desordenadas na presión. Conseguimos meter o FC Badalona Women no seu campo pero tampouco acabamos de xerarlle todo o perigo que queriamos".De feito a última do encontro foi un man a man de Marisa con Txell Font que acaba despexando a porteira catalá aínda que a xogada estaba invalidada por fóra de xogo da dianteira deportivista.Alberto Rodríguez conclúe que "non foi un bo partido pola nosa parte nin un partido no que nos sentísemos cómodas".FC Badalona Women: Txell Font, Redouani (Sheila, min. 65), Majarin, Irina, Llompart (Mirari, min. 89), Julve (Lauri, min. 81), Itzi, Paula (Izarni, min. 89), Lorena (Losada, min. 46), Lucía e C. CubedoDeportivo ABANCA: Tarazona, Sofía (Paula Hernández, min. 67), Adri Ranera, Elena Vázquez, Vega, Redru (Paula Novo, min. 67), Olaya, Lucía Rivas (Karla, min. 85), Lucía Pardo (Michi Apóstol, min. 75), Ainoa (Eva Dios, min. 85) e MarisaÁrbitra: Alicia Espinosa, do comité madrileño. Amoestou a C. Cubedo (min. 41) e Lucía (min. 80)Goles: 1-0 Irina (min. 3); 1-1 Marisa (min. 7); 2-1 Julve (min. 51)Incidencias: partido disputado no Estadi Palamós-Costa Brava

michiapostol1121.jpg