
DÉPOR · 22 NOVEMBRO 2026
MIGUEL LOUREIRO: "TEMOS QUE FACER AS COUSAS MOITO MELLOR PARA PODER SUMAR PUNTOS E PARA PODER COMPETIR DA MELLOR MANEIRA"
Miguel Loureiro manifestou na zona mixta do Estadio de Mendizorroza que a derrota é "xusta. Desde o principio saíron máis fortes, máis agresivos. Custounos entrar no partido. Puxéronse por diante moi pronto, o que foi un golpe duro. A partir de aí, pouco a pouco fomos atopando algo de estabilidade, tendo un pouco máis o balón pero sen estar cómodos en ningún momento, sen xerar perigo. Fixemos o máis complicado, que era empatar o partido. Na segunda parte foi a mesma sensación: eles moi fortes nas disputas, moi agresivos. E a nós faltounos un pouco diso".Cre que "é un día para aprender, e os días que veñen para analizar e corrixir erros".Aínda así, o central deportivista queda con que "aínda sen ser un bo partido, temos individualidades que son moi determinantes, o que nos permite empatar o partido".Lembra accións clave no partido: "o penalti tan pronto xera unha inercia positiva para eles e para min a acción do segundo gol é unha falta clarísima. Son protagonista da xogada e non teño outra maneira de defendelo unha vez que estou no aire. Trato de atacar o balón e empúrrame cando estou no aire. Creo que son accións clave".Non obstante insiste en "preocuparnos polo que nos toca como equipo; e temos que facer as cousas moito mellor para poder sumar puntos e para poder competir da mellor maneira", concluíu.

Antonio Hidalgo admite ter co resultado en Vitoria "unha sens...

Primeiros partidos e primeiras vitorias do Dépor Genuine en L...

Resultados deste sábado 21 en ANOSACANTEIRA e calendario dest...

As Nosas están citadas este domingo 22 de novembro para unha ...

Os Nosos adéstranse de novo o luns 23 de novembro no Dépor Tr...

O Dépor cae derrotado por 3-1 ante un Deportivo Alavés que "m...