
DÉPOR ABANCA · 22 NOVEMBRO 2026
ALBERTO RODRÍGUEZ QUEDA CON QUE EN PALAMÓS, "O EQUIPO INTENTOUNO ATA O FINAL"
Alberto Rodríguez subliñou no Estadi Municipal de Palamós-Costa Brava que tras o empate "tivemos na primeira parte malia non estar ben un par de situacións de Marisa para poñernos por diante. Fomos ao descanso con esa esa sensación de estar dubitativas, de non recoñecer os estímulos de presión, de estar bastante precipitadas na nosa saída a pesar de que o FC Badalona Women nos esperaba. Non o executamos ben. E na segunda parte saímos mellor, conseguimos facernos neses 6, 7 primeiros minutos co balón. Pero outra vez o gol. Nos inicios de cada parte márcanche e vante condicionando. Máis alá de que na primeira ti empates, volver ir a remolque non é nada fácil a nivel mental. Ata onde nos deron as forzas intentámolo, mesmo con liña de 3, pero non acabamos de estar de todo finas na toma de decisións. E o FC Badalona Women na súa propia área manexouse máis ou menos ben".O técnico deportivista queda do encontro con que "cando o equipo é valente e fai o que pretendemos ser sen pensar tanto ou sen dubidar, incomodamos os equipos".Opina que "co balón hoxe (por onte) era un partido que non era difícil de recoñecer. O FC Badalona Women fixo o que viña facendo pero non estivemos tan finas nas recepcións, na toma de decisión rápida despois do primeiro control e esa precipitación facía que nos desordenásemos. E o FC Badalona Women á volta, con xogadoras con moi bo pé, superábanos nesa presión e facíannos correr máis atrás do que pretendiamos. E iso a nós, que queremos estar máis en campo contrario, faiche dano porque te mete en campo propio".Finalmente Alberto Rodríguez queda con que "o equipo o intentou ata o final, volveu axustarse despois do descanso; pero chegan os goles tan cedo que van condicionando cada unha das partes".

Miguel Loureiro: "Temos que facer as cousas moito mellor para...

Antonio Hidalgo admite ter co resultado en Vitoria "unha sens...

Primeiros partidos e primeiras vitorias do Dépor Genuine en L...

Resultados deste sábado 21 en ANOSACANTEIRA e calendario dest...

As Nosas están citadas este domingo 22 de novembro para unha ...

Os Nosos adéstranse de novo o luns 23 de novembro no Dépor Tr...