
DÉPOR FABRIL · 22 NOVEMBRO 2026
EL FABRIL DEIXA ESCAPAR 2 PUNTOS ANTE O CD CORIA NUN FATÍDICO TEMPO DE DESCONTO
O Fabril empatou (3-3) este domingo 22 de novembro co CD Coria en partido correspondente á 13ª xornada en Primera Federación.O choque foi o segundo encontro consecutivo no campo Arsenio Iglesias tras o do Barakaldo CF.Con este resultado, con sabor a derrota porque no minuto 89 o marcador era de 3-1, o filial deportivista queda con 13 puntos na 17ª posición."Como nesta categoría o partido foi moi disputado e nel conseguimos ter fútbol", apuntou Manuel Pablo.Foron baixa por lesión Damián Canedo, Jairo, Dani Estévez, Vergara e Dipanda, este o futbolista máis próximo a regresar.Pola contra, o Fabril puido contar con todos os futbolistas que están habitualmente na dinámica do primeiro equipo, caso de Rubén López, Noé, Kevin ou Martín Ochoa.Estreouse no once titular o coruñés Mauro Valeiro, un talentoso centrocampista de categoría xuvenil, internacional nas categorías inferiores de España, que ademais forzou a acción do penalti que supuxo o 3-1 para o Fabril.A primeira ocasión do encontro chegou ao cuarto de hora. Noé faise cun oco para o disparo na frontal da área e o seu disparo desvíao o xusto o gardameta Javi Garrido a saque de esquina."Eles acumularon moita xente atrás e non atopabamos os espazos", apuntou o técnico fabrilista na sala de prensa.Respondeu o CD Coria cun remate de Calleja a un saque de esquina que marcha fóra por pouco. Foi o preámbulo do primeiro gol do encontro.No minuto 40, Edu Llorente perfora a portería fabrilista tras un saque de esquina, co balón paseándose pola área pequena sen que ningún defensor blanquiazul fose quen de despexar.Con todo, empatou axiña o Fabril. Ao fío do descanso, nun centro pasado de Guerrero Iñaki León toca o balón coa man. O colexiado do encontro, o cántabro Manuel Pozueta non o dubida e sinala pena máxima. O lanzamento de Guerrero párao o gardameta Garrido pero o rexeitamento vólvelle caer ao canteirán, que fusila a portería do CD Coria.Con 1-1 chegouse ao descanso.

"Na segunda parte estabamos tendo moito balón, sabendo aproveitar máis os espazos que ían aparecendo cada vez máis", afirmou Manuel Pablo.No minuto 50, nunha rápida transición, Xabi Campos coloca desde a banda esquerda un pase medido ao corazón da área para que Íker Gil supere o meta Garrido.Pouco despois, Mauro Valeiro faise un sitio na frontal da área pero o seu disparo, frouxo, acaba nas mans do porteiro estremeño.Na outra área, Hugo Ríos evitou o empate do CD Coria ao despexar nunha gran parada un bo remate de cabeza de Gallastegui. Corría o minuto 64.Case na xogada seguinte, Mauro Valeiro controla un balón solto na área do conxunto estremeño pero é derrubado por Jacobo no seu intento de obstaculizar o fabrilista.De novo pena máxima que transforma Guerrero no 3-1 que parecía case definitivo.Intentou recortar diferenzas Morcillo cun disparo afastado no minuto 77 que detivo Hugo Ríos ben situado.O partido estivo para o Fabril nun man a man de Kevin ante Javi Garrido. O porteiro visitante arrebatoulle no último instante o balón ao dianteiro do Fabril cando este intentaba regatealo para rematar a porta baleira.E chegou o fatídico tempo engadido."Volvemos fracasar no xogo directo e no balón parado", laméntase o preparador do Fabril. "Estabamos con moitas situacións para ter balón e aproveitar eses espazos. E non o fixemos", engadiu.Ademais, Manuel Pablo admite o erro do cambio de Yayo, substituído por Koke no minuto 83: "Protexín a Yayo porque lle sacaran cartón (minuto 80) e nestas situacións podía darnos un pouco máis. Esas decisións non nos están axudando e escápasenos o partido outra vez".No minuto 90, Rafa Núñez vaise dun Kevin que axudaba en defensa e o seu centro medido remátao de cabeza á rede Tapia.E no 95, co CD Coria envorcado na área do Fabril, Mardones intenta despexar un balón pero golpea na perna de Palacín, que con intelixencia se interpuxo entre o balón e o defensor do Fabril.Novo penalti que transforma Núñez no definitivo 3-3.Non houbo xa tempo para máis, co que 2 puntos escapan do campo Arsenio Iglesias."Non fomos determinantes preto da área. En segundas xogadas, moitos duelos, non estivemos á súa altura e gañáronnos esas situacións, cargáronnos a última liña", resumiu o adestrador do Fabril.O próximo sábado 28 de novembro, o Fabril visita o Unionistas de Salamanca CF, ás 16:30 no campo Reina Sofía.Fabril: Hugo Ríos, Quique Teijo, Samu, Manu Serrano, Xabi Campos (Mardones, min. 92), Yayo (Koke, min. 83), Rubén López, Guerrero (Íker Vidal, min. 92), Mauro Valeiro (Kevin, min. 71), Noé e Íker Gil (Martín Ochoa, min. 71)CD Coria: Javi Garrido, Jacobo (Palacín, min. 71), Calleja, Iván R., Edu Llorente, Sergio Gómez (Tapia, min. 60), Toper (Currás, min. 60), A. Blanco, Gallastegi (Núñez min. 71), Iñaki León (Morcillo, min. 60) e ÁlvaroÁrbitro: Manuel Pozueta, do comité cántabro. Amoestou a Iñaki León (min. 6), Íker Gil (min. 20), Jacobo (min. 25), Edu Llorente (min. 57), Samu (min. 73), Álex Blanco (min. 78), Yayo (min. 80) e Iván Ramos (min. 90)Goles: 0-1 Edu Llorente (min. 40); 1-1 Guerrero (min. 44); 2-1 Íker Gil (min. 50); 3-1 Guerrero, de penalti (min. 70); 3-2 Tapia (min. 90); 3-3 Núñez, de penalti (min. 98)Incidencias: partido disputado no campo Arsenio Iglesias


Resultados en ANOSACANTEIRA feminina; este domingo 22 con gol...

O Dépor ABANCA B golea o Bizkerre Club e afíanzase no liderad...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 22...

Alberto Rodríguez queda con que en Palamós, "o equipo intento...

Miguel Loureiro: "Temos que facer as cousas moito mellor para...

Antonio Hidalgo admite ter co resultado en Vitoria "unha sens...