
CANTERA · 23 NOVEMBRO 2026
RESULTADOS EN ANOSACANTEIRA FEMININA; ESTE DOMINGO 22 CON GOLEADA DO DÉPOR ABANCA B, E EMPATE ORZANISTA EN TERCERA FEDERACIÓN E PRIMERA AUTONÓMICA
Con descanso esta fin de semana para o Orzán SD Cadete, Orzán SD Infantil A e Orzán SD Infantil B, disputáronse 3 partidos en ANOSACANTEIRA feminina, todos eles este domingo 22.No Dépor Training Center, o Deportivo ABANCA B venceu con claridade (4-0) ao Bizquerre Club no choque da 10ª xornada.As Nosas lideran a táboa de Segunda Federación con 25 puntos polos 21 da SD Eibar, o seu inmediato perseguidor.Fóra da casa o Orzán SD Sub-21 empatou no campo vigués do Novo Mirador de Beade ante o Lóstrego CF (1-1) e suma 20 puntos, situado na 6ª posición da Tercera Federación.E en Santa Comba, o Orzán SD Xuvenil tamén empatou ante o Xallas FC (1-1), resultado que deixa as orzanistas na 2ª posición da Primera Autonómica con 25 puntos.Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Segunda Federación10ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 4 (Karla -2-, Antía Mayo e Valbuena) - BIZKERRE CLUB 0Tercera Federación11ª xornada: LÓSTREGO CF 1 - ORZÁN SD SUB-21 1 (Daniela Macedo)Primera Autonómica11ª xornada: XALLAS FC 1 - ORZÁN SD XUVENIL 1 (Yaiza Domínguez)

O Dépor ABANCA B golea o Bizkerre Club e afíanzase no liderad...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 22...

El Fabril deixa escapar 2 puntos ante o CD Coria nun fatídico...

Alberto Rodríguez queda con que en Palamós, "o equipo intento...

Miguel Loureiro: "Temos que facer as cousas moito mellor para...

Antonio Hidalgo admite ter co resultado en Vitoria "unha sens...