RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Brillante e emotiva participación do Dépor Genuine na primeira fase de LaLiga GENUINE Moeve celebrada en Tarragona

DÉPOR GENUINE · 23 NOVEMBRO 2026

BRILLANTE E EMOTIVA PARTICIPACIÓN DO DÉPOR GENUINE NA PRIMEIRA FASE DE LALIGA GENUINE MOEVE CELEBRADA EN TARRAGONA

Tarragona converteuse esta fin de semana no punto de encontro do fútbol máis inclusivo coa celebración da primeira fase da temporada 2026-27 de LALIGA GENUINE Moeve.O Dépor Genuine e os restantes 49 equipos participantes desta liga única, desenvolvida por LALIGA a través da súa Fundación, reuníronse na cidade tarraconense para dar comezo á 9ª edición da competición, compartindo tres xornadas marcadas polo deporte, o compañeirismo e a ilusión.A primeira fase do curso arrancou o pasado venres coa cerimonia inaugural celebrada no Nou Estadi Costa Daurada, fogar do Nàstic de Tarragona, club anfitrión desta primeira cita do calendario.Os Nosos e o resto de equipos protagonizaron un emotivo desfile ao ritmo dos seus respectivos himnos, arroupados por familiares, amigos e afeccionados.Tras a cerimonia inaugural, o Mediterranean Sports Hub acolleu os primeiros partidos da temporada 2026-27 do Dépor Genuine en LALIGA GENUINE Moeve.Os encontros encheron as instalacións de emoción, compañeirismo e bo fútbol.Unha fin de semana na que xogadores e xogadoras volveron demostrar que o respecto, a ilusión e o traballo en equipo son tan importantes como os resultados deportivos.Como peche a esta primeira fase, os futbolistas blanquiazules participaron na tradicional entrega de medallas, un recoñecemento ao esforzo, á dedicación e aos valores demostrados durante a fin de semana.A segunda fase celebrarase en dúas sedes nas que o CD Tenerife e o CA Osasuna serán os clubs anfitrións. A Ciudad Deportiva de Tenerife Javier Pérez acollerá a primeira parte desta fase os días 29, 30 e 31 de xaneiro, mentres que Pamplona se estreará como parada da competición máis inclusiva do mundo co desenlace da fase os días 5, 6 e 7 de marzo na Ciudad deportiva Tajonar.Pola súa parte, a terceira fase iniciarase na Ciudad deportiva Bahía de Cádiz, onde o Cádiz CF recibirá a metade dos equipos participantes os días 9, 10 e 11 de abril; mentres que o Real Sporting de Gijón exercerá como club anfitrión da penúltima sede os días 7, 8 e 9 de maio na Escuela de Fútbol de Mareo.A temporada concluirá coa fase final en Madrid, onde o Atlético de Madrid actuará como club anfitrión os días 11, 12 e 13 de xuño no Centro deportivo Alcalá de Henares. Será o escenario no que se poñerá o punto final a unha campaña marcada polo espírito de superación, o respecto, o compañeirismo e os valores que definen a LALIGA GENUINE Moeve. Suporá a festa final do curso na que se determinarán os 3 campións de Fair Play e os 3 campións deportivos dunha temporada chea de sorpresas.Nesta primeira fase de Tarragona, os rivais de Os Nosos foron o Atlético de Madrid, a UD Las Palmas e o Villarreal CF.Os resultados do Dépor Genuine foron os seguintes:Sábado 21 de novembroATLÉTICO DE MADRID 1 - DEPORTIVO GENUINE 2UD LAS PALMAS 1 - DEPORTIVO GENUINE 2Domingo 22 de novembroDEPORTIVO GENUINE 1 - VILLARREAL CF 1