
DÉPOR · 23 NOVEMBRO 2026
O DOCUMENTAL ‘DÉPOR, VOA’ ESTREARASE NOS CINES O VINDEIRO 26 DE DECEMBRO
O Real Club Deportivo estreará nos cines o vindeiro 26 de decembro o documental ‘Dépor, voa’, dirixido por Carlos Morán e Pablo Deus, unha produción que percorre desde dentro a transformación deportiva, institucional e social da entidade e o seu regreso á elite do fútbol español. Los Cantones Cines será a primeira sala en proxectar esta produción audiovisual.A prevenda de entradas comezará este martes 24 de novembro, a partir das 12:00 horas, a través da web www.cantonescines.com.‘Dépor, voa’ é unha produción do RC Deportivo en colaboración con TBS, responsable de títulos de referencia no ámbito audiovisual deportivo como Luis Enrique: No tenéis ni **** idea, El día menos pensado ou Simeone, vivir partido a partido. Trátase, ademais, do primeiro gran proxecto de Dépor Media, a produtora de contido premium do Club.A través de dous capítulos, o documental ofrece un acceso sen precedentes ao día a día do Club durante os últimos meses. O relato acompaña o equipo no tramo decisivo da temporada 2025-26, recolle desde dentro a consecución do regreso a Primera División e amosa a dimensión dun proxecto que transcende o primeiro equipo masculino.A historia adéntrase no traballo das distintas áreas do Club, desde a canteira e o fútbol feminino ata a dirección deportiva, as infraestruturas e a área social, ademais de ofrecer unha perspectiva exclusiva dos movementos do mercado de fichaxes do verán de 2026.A produción conta con entrevistas exclusivas a algúns dos principais protagonistas desta etapa, entre eles o presidente do RC Deportivo, Juan Carlos Escotet Rodríguez; a vicepresidenta, Michelle Clemente; o conselleiro delegado, Massimo Adalberto Benassi; o director deportivo, Fernando Soriano; e os futbolistas Germán Parreño, Yeremay Hernández e David Mella.O documental incorpora tamén contido exclusivo relacionado con algunhas das operacións máis relevantes do mercado estival, con especial atención á incorporación de Pierre-Emerick Aubameyang e á continuidade de Yeremay Hernández. Rodado en diferentes localizacións de A Coruña, Valladolid, Madrid, Las Palmas, Portugal e Italia,‘Dépor, voa’ combina imaxes inéditas, testemuños e acceso exclusivo aos seus protagonistas para construír un relato que permite comprender desde dentro os acontecementos, as decisións e o traballo que marcaron esta nova etapa do deportivismo.Con este proxecto, o RC Deportivo dá un novo paso na súa estratexia de contidos propios e na súa aposta por desenvolver unha narrativa audiovisual capaz de transmitir a dimensión deportiva, institucional e social do Club.‘Dépor, voa’ é unha historia de transformación, ambición e pertenza. Unha ollada desde dentro a un Dépor que regresou á elite e que afronta o futuro cun proxecto renovado.A partir do vindeiro 26 de decembro, o deportivismo terá a oportunidade de descubrir na gran pantalla unha historia contada desde dentro.O Dépor, como nunca antes se amosara.

Brillante e emotiva participación do Dépor Genuine na primeir...

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina; este domingo 22 con gol...

O Dépor ABANCA B golea o Bizkerre Club e afíanzase no liderad...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 22...

El Fabril deixa escapar 2 puntos ante o CD Coria nun fatídico...

Alberto Rodríguez queda con que en Palamós, "o equipo intento...