RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con derrota este domingo do Orzán SD Xuvenil na Torre

CANTERA · 8 MARZO 2026

RESULTADOS EN ANOSACANTEIRA FEMININA, CON DERROTA ESTE DOMINGO DO ORZÁN SD XUVENIL NA TORRE

Este domingo 8 de marzo xogouse un encontro en ANOSACANTEIRA feminina.O Orzán SD Xuvenil perdeu na Torre (0-2) co Atlético Villalonga FF B, en partido correspondente á 21ª xornada da Primera Autonómica.Este resultado deixa ás orzanistas en 13ª posición da táboa con 16 puntos.O partido do Deportivo ABANCA B foi o partido destacado este sábado 7 de marzo.O filial deportivista freou en Lezama (2-2) ao líder do grupo 1º da Segunda Federación, o Athletic Club B.O técnico branquiazul Brais Pombo contou cos reforzos de Lucía Rivas, Paula Novo, Redru e Carmen Carballada, futbolistas en dinámica do primeiro equipo que competeron co B esta fin de semana.Foi baixa Michi Apóstol, que regresou da concentración da selección venezolana cunha fractura de clavícula, da que será operada nos próximos días no Hospital Quirónsalud A Coruña.Karla Bermejo anotou os 2 goles branquiazuis e xa suma 5 en 5 partidos xogados, nun deles tan só 10 minutos.O mesmo sábado tamén xogou o Orzán SD Cadete en Lugo ante o SCD Milagrosa (1-0) e o Orzán SD Infantil B en Santigo ante o Victoria FC (2-0).Finalmente tocou descanso ao Orzán SD Infantil A no grupo 1º da Liga Galega.A fin de semana arrincou este venres 6 de marzo en Friol.No campo da Reigosa, o Orzán SD Sub-21 caeu 2-0 co PM Friol en partido correspondente á 18ª xornada en Tercera Federación.Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Segunda Federación20ª xornada: ATHLETIC CLUB B 2 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Karla Bermejo -2-)Tercera Federación18ª xornada: PM FRIOL 2 - ORZÁN SD SUB-21 0Primeira Autonómica21ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 0 - ATLÉTICO VILLALONGA FF B 2Liga Galega cadete19ª xornada: SCD MILAGROSA 1 - ORZÁN SD CADETE 0Liga Galega infantilGrupo 2º, 18ª xornada: VICTORIA FC 2 - ORZÁN SD INFANTIL B 0