Este venres finaliza o prazo da oferta para viaxar co Deportivo a Múnic e animar ao equipo no primeiro partido da primeira fase de Liga de Campións por só 325 Euros. Tan só quedan 15 prazas dispoñibles para que os accionistas e abonados do Club poidan viv
Unha gran oferta para vivir o mellor fútbol de Europa en directo para a que tan só quedan 15 prazas para os socios e accionistas -persoas físicas e só dúas prazas por cada un- con preferencia para os dados de alta con data anterior ao 10 de setembro de 2002.
A data de saída é o 17 de setembro e o regreso o día 18 tras o encontro en Múnic. A oferta é para aloxamento en habitación dobre en Hotel de 3 estrelas.
Para máis información: Viaxes O Corte Inglés. Teléfono 981261020