RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Stipe Pletikosa, presentado esta mañá como novo xogador do Deportivo

Stipe Pletikosa (Split, Croacia, 8 de xaneiro de 1979) foi presentado esta mañana na sala de prensa de Abegondo como novo xogador do Deportivo. Lucirá o dorsal 13 na súa camiseta.

Abriu a comparecencia ante os medios de comunicación o Presidente Tino Fernández, quen lle deu a benvida ao Deportivo e confirmou a duración do contrato do internacional croata: o que resta desta tempada, con opción a unha campaña máis.

A continuación, Pletikosa ofreceu as súas primeiras impresións xa como xogador do Deportivo. Viu onte ante o Vilarreal ao seu novo equipo "moi ben organizado. Mereceu máis".

Despois de case unha semana na cidade, confesou estar adaptado e "moi feliz na Coruña. Recibíronme moi ben".

Eloxiou a Germán Lux, do que subliñou que é un porteiro "de gran nivel", e mostrouse ansioso por debutar: "É unha decisión do míster. Estou ben. Con estes adestramentos e a miña experiencia, estou preparado para xogar".