RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Subcampións!!!

O Deportivo tras a súa vitoria por catro goles a cero ante o Málaga, proclámase subcampión por cuarta vez na súa historia e asegura a súa participación na primeira fase da Champions League sen necesidade de rolda previa.

Riazor enchíase para recibir ao equipo na última xornada do campionato. O partido comezaba ás 9 tras esperar Perez Lasa o aviso de dar o inicio. O Deportivo atopábase no campo a un Málaga ben asentado, pero aos 8 minutos tras un gran pase de Valerón para a carreira de Makaay, este desborda a Contreras e desde a liña de fondo saca un centro facía atrás que Djalminha de cabeza convertía no un a cero.

Tras o gol, o Málaga trataba de irse un pouco arriba e o Deportivo trataba de facerse co control do partido, creando ocasións de certo perigo pero sen aumentar a vantaxe na primeira parte.

A segunda parte comezaba como a primeira, xa aos 3 minutos Djalminha puña o dous a cero tras un centro de Víctor. O Deportivo seguía dominado o xogo e así no minuto 12, tras un gran zapatazo de Fran desde fóra da área, Makaay aproveita o rechaze de Contreras para batelo por baixo.

A partir deste momento Riazor converteuse nunha festa, o público facendo a onda, e ovacionando ao equipo. Os xogadores despois do terceiro gol relaxáronse e empezaron a despregar un xogo espectacular, que se vió culminado no minuto 34 Víctor tras revolverse na área e colocar un zapatazo na escuadra imparable para Contreras.

O momento máis emotivo da xornada produciuse cando Irureta daba entrada a Songo'ou por Molina. O público recibiu en pié ao camerunés cunha ovación de gala "Songo'ooo, Songo'ooo". A máis dun saltáronselle as lagrimas.

O resto do partido tivo pouca historia no campo, mentres que na bancada quentábase o ambiente cun público envorcado co equipo. Cando Pérez Lasa decretou o final do partido o campo fué invadido polos afeccionados que querían celebrar o subcampeonato do equipo

Este é o cuarto subcampeonato de Liga do Deportivo trás os das tempadas 1949-1950, 1993-1994 e 1994-1995.

Deportivo:Molina, Manuel Pablo, Capdevila, Naybet, Donato, Mauro, Valerón, Fran, Víctor, Djalminha e Makaay
Málaga: Contreras, Bravo, Roteta, Movilla, Dario Silva, Musampa, Rufete, Fernando Sanz, Dely Valdés, Josemi e Dos Santos

Dános a túa opinión sobre a tempada 2000/2001 do Deportivo