RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Suspendido o amigable do Deportivo ABANCA, que xa está de vacacións até o luns 3 de xaneiro

O amigable do Deportivo ABANCA ante a selección galega sub-17, previsto para mañá martes 21 de decembro no campo 5 de Abegondo foi finalmente suspendido.

O motivo foi un positivo de COVID-19 no cadro deportivista, que xa está illado tal e como establecen as autoridades sanitarias. O resto de xogadoras e técnicos deron negativo nas probas realizadas posteriormente.

No entanto, e seguindo os consellos dos Servizos Médicos, suspendéronse ademais as sesións de traballo previstas para esta tarde e para o mércores pola mañá, co que o Deportivo ABANCA márchase xa de vacacións de Nadal.

O corpo técnico dirixido por Miguel Llorente e Ana González concedeu descanso até o luns 3 de xaneiro de 2022, día no que o actual líder do grupo norte de Reto Iberdrola regresará aos adestramentos.

A competición renovarase para o Dépor ABANCA o 8 ou 9 de xaneiro na Cidade Deportiva Dani Jarque (Sant Adrià de Besòs) ante o RCD Espanyol.