RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Testemuñal participación de Krohn-Dehli hoxe con Dinamarca

Hoxe sábado 9, Michael Krohn-Dehli mediuse a México con Dinamarca no Brøndby Stadion de Brøndby. Foi a última proba dos daneses, que dobregaron (2-0) aos mexicanos.

O mediocentro deportivista foi suplente e saltou ao campo no desconto do partido (minuto 91), en substitución de Eriksen.

Onte venres 8 de xuño, Fabian Schär enfrontouse a Xapón en Lugano, cuartel xeral de Suíza antes de viaxar a Rusia.

O defensor deportivista xogou completo este encontro de preparación que acabou con triunfo suízo (2-0), grazas aos goles de Ricardo Rodríguez no minuto 42 e de Haris Seferović na recta final (minuto 82). O de onte foi o último test de Suíza antes da súa participación no Mundial.

O vindeiro luns 11, a Costa Rica de Celso Borges ten o seu último encontro de preparación antes do Mundial. Será ante outra potente selección, Bélxica, no Estadio Rei Balduíno de Bruxelas.

Este é o calendario de partidos, amigables previos e da fase de grupos mundialista, dos 5 deportivistas:

Michael Krohn-Dehli

Amigable
Sábado 9 de xuño
DINAMARCA 2 - MÉXICO 0

Copa do Mundo (Grupo C)
Sábado 16 de xuño
19:00: PERÚ - DINAMARCA, no Mordovia Area (Saransk)

Xoves 21 de xuño
16:00. DINAMARCA - AUSTRALIA, no Samara Area

Martes 26 de xuño
17:00: DINAMARCA - FRANCIA, no Luzhniky Stadium (Moscova)

Fabian Schär

Amigable
Venres 8 de xuño
SUÍZA 2 - XAPÓN 0

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
21:00: BRASIL - SUÍZA, no Rostov Area

Venres 22 de xuño
20:00: SERBIA - SUÍZA, no Kaliningrad Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Celso Borges

Amigables
Xoves 7 de xuño
INGLATERRA 2 - COSTA RICA 0

Luns 11 de xuño
20:45: BÉLXICA - COSTA RICA, no estadio Rei Balduíno (Bruxelas, Bélxica)

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
16:00: COSTA RICA - SERBIA, no Samara Area

Venres 22 de xuño
15:00: BRASIL - COSTA RICA, no San Petersburgo Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Francis Uzoho

Amigable
Mércores 6 de xuño
REPÚBLICA CHECA 1 - NIXERIA 0

Copa do Mundo (Grupo D)
Sábado 16 de xuño
21:00: CROACIA - NIXERIA, no Kaliningrad Stadium

Venres 22 de xuño
18:00: NIXERIA - ISLANDIA, no Volgograd Area

Martes 26 de xuño
21:00: NIXERIA - ARXENTINA, no San Petersburgo Stadium

Ismael Díaz

Amigable
Mércores 6 de xuño
NORUEGA 1 - PANAMÁ 0

Copa do Mundo (Grupo G)
Luns 18 de xuño
17:00. BÉLXICA - PANAMÁ, no Fisht Stadium (Sochi)

Domingo 24 de xuño
15:00: INGLATERRA - PANAMÁ, en Nizhny Novgorod

Xoves 28 de xuño
21:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Area (Saransk)