O rival do Deportivo no primeiro partido de UEFA Champions League 2001 - 2002 chegou á cidade herculina ao mediodía de hoxe. A expedición grega alóxase no Hotel Finisterre e esta mesma tarde adestraron no Estadio de Riazor.
O Olympiakos desprazouse á Coruña con 22 xogadores: Patsatzoglou, Bermúdez, Amanatidis, Poursanidis, Gianakopoulos, Karembeu, Giovanni, Djordjevic, Ze Elias, Mavrogenidis, Georgiou, Castelo, Oforiquaye, Kostoulas, Zeferberg, Niniadis, Kontis, Alexandris, Eleftheropoulos, Anatolaskis, Venetidis e Alvez.
Antes do adestramento verpertino o técnico e Zé Elías deron unha rolda de prensa na que manifestaron as súas opinións sobre o rival. ao que consideran un equipo a ter moi en conta, e a competición.