Tres deportivistas sobre o céspede no México-Canadá
Durante case 40 minutos, tres deportivistas coincidiron sobre o césped na cidade de Tuxtla Guitérrez, Chiapas, no encontro clasificatorio para o Mundial 2010 que disputaron México e Canadá.
De Guzman por parte canadense e Gardado de lado mexicano disputaron o noventa minutos. Omar Bravo saltou ao cesped no minuto 53 e nada máis pisar o verde do Estadio "Víctor Manuel Reyna" materializou un gol.
Tamén foi titular e xogou todo o partido Dudu Aouate na importante vitoria israelí (1-2) en Moldavia.