RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados deste mércores en ANOSACANTEIRA, con triunfos do Fabril en Arteixo e do Cadete en Abegondo

Semana de amigables en ANOSACANTEIRA xa confirmados para o Fabril, Xuvenil A, Xuvenil B e Cadete.

Así, o filial tivo cita este mércores 13 en Ponte dos Brozos ante o Atlético Arteixo de Tercera Federación.

A vitoria foi fabrilista por 0-1 con tanto de Hugo Villaverde no minuto 35.

Fabril: Álex, Pablo (Quique Teijo, min. 71), Adrián (Mario Hermo, min. 62), Malick (Damián, min. 71), Parada (Íker Vidal, min. 71), Carreira (Kike Fernández, min. 71), Dani Estévez (Lucas, min. 62), Héctor (Fabi, min. 62), Hugo Villaverde (Nájera, min. 71), Rubén (Dipanda, min. 62) e Domínguez (Álvaro, min. 62)

Foi o quinto amigable nesta pretemporada para o equipo de Manuel Pablo após o do CD Arenteiro en Abegondo (2-2), o do Racing de Ferrol en Narón (3-2), da SD Compostela en Arzúa (0-2) e do CD Estradense na Estrada (0-3) onte martes.

Tamén hoxe mércores o Xuvenil B xogou en Vizoño ante o conxunto local de Primera Autonómica (1-0) e o Cadete (na foto inferior) en Abegondo ante o Ural Español CF (7-1).

A semana complétana os torneos amigables do Xuvenil A en Narón o domingo 17, do Xuvenil B en Chantada o venres 15 e do Cadete en Monforte o sábado 16.

O calendario de amigables confirmados a día de hoxe, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
CD ESTRADENSE 0 - FABRIL 3 (Nájera e Mane -2-)
ATLÉTICO ARTEIXO 0 - FABRIL 1 (Hugo Villaverde)

Categoría xuvenil
8ª edición da Sinde's Cup, no campo de O Sinde (Narón)
Domingo 17 de agosto
Semifinal
10:30: RACING DE FERROL - XUVENIL A
O gañador pasa á final das 19:00 e o perdedor xogará a final de consolación ás 17:30

VIZOÑO SD (Primera Autonómica) 1 - XUVENIL B 0

2º Memorial Abel e Álex no campo de O Sangoñedo de Chantada
Venres 15 de agosto
Semifinais
16:00: SD CHANTADA - XUVENIL B
O gañador xoga a final ás 19:00 e o perdedor a final de consolación ás 18:00

Categoría cadete
CADETE 7 (Pablo Barral, Antón Vilariño -2-, José Quiroga, Andrés Picallo -2- e Nikolay) - URAL ESPAÑOL CF 1

20º Memorial Jacobo Díaz Camino, nas instalacións Álex Blanco (Monforte)
Sábado 16 de agosto
Semifinal
17:30: CP CALASANCIO - CADETE
O gañador xogará a final ás 20:30 e o perdedor a final de consolación ás 19:30 horas