RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Triunfo do Dépor ABANCA Xuvenil antes de xogarse mañá ante o Barça o pase a semifinais do Torneo Xuvenil Feminino

Arrincou hoxe xoves a última semana de partidos oficiais en ANOSACANTEIRA.

Os protagonistas son o Dépor ABANCA Xuvenil, que disputa na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) o primeiro Torneo Xuvenil Feminino co FC Barcelona e o Madrid CFF como rivais na Primera Fase; e o Orzán SD Cadete Femenino, que se mide na gran final da Liga Galega ao UD Mos.

Na primeira xornada do Torneo Xuvenil Feminino, as branquiazuis superaron ao Madrid CFF (1-3) con tantos de Laura Otero -2- e Lucía Rivas.

Dépor ABANCA Xuvenil: Martina Rivas, Uxía López, Noelia Mayo, Elena López, Lucía Mariño, Sara Cercido, Nuria Pascual, Yanis Citoula, Laura Otero, Lucía Rivas e Laura Santos. Tamén xogaron: Lucía Fernández, Ana Capelo, Dunia Dahmouni e Macarena González.

O equipo saltou ao céspede da Ciudad del Fútbol de Las Rozas portando unha camiseta de apoio a Aroa Guerra, a ex deportivista que se recupera das feridas sufridas nun accidente de tráfico.

Mañá venres, o Dépor ABANCA Xuvenil mídese ao FC Barcelona a partir das 11:30 por un posto na semifinal. As deportivistas precisan a vitoria para lograr o pase mentres que ás azulgranas válelles un empate porque o golaverage xeral téñeno gañado.

O partido poderase seguir pola canle de Youtube da RFEF.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Torneo Xuvenil Feminino, na Ciudad del Fútbol
MADRID CFF 1 - DEPORTIVO ABANCA XUVENIL 3 (Laura Otero -2- e Lucía Rivas)
DEPORTIVO ABANCA XUVENIL - FC BARCELONA, mañá venres 14 de xuño ás 11:30 (campo B)
O campión de grupo accederá ás semifinais

Liga Galega cadete, final: ORZÁN SD CADETE FEMENINO - UD MOS, o sábado 15 de xuño ás 12:30 no campo das Corticeiras (Caldas)