RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Triunfo do Dépor no segundo amigable do verán

O Deportivo impúxose ao Racing de Ferrol na Malata (1-3) no segundo amigable de pretemporada. Arribas, Luís Fernández e Teles anotaron os goles nun bo test para o equipo branquiazul, ante un rival de Segunda B pero que sempre dá o máximo fro

Na primeira parte, Víctor Sánchez do Amo dispuxo un once con dous dianteiros: Dani Igrexas e Oriol Rise.

O Dépor adiantouse pronto no marcador. Arribas cabeceou libre de marca un bo centro desde a banda esquerda, tras un despexe inicial da defensa racinguista a un saque de esquina.

Os deportivistas foron os donos do xogo, con Lux de mero espectador. O Racing, consciente da súa inferioridade técnica, optou polo repregamento e a saída á contra, aproveitando a velocidade do ex deportivista Vea.

O Racing apenas inquietou a portaría deportivista, salvo un disparo desde a frontal de Borja Domínguez, demasiado alto.

Na segunda parte, Víctor introduciu sete no once, co que o equipo mantivo en todo momento a intensidade.

Ao minuto da continuación, Luís Fernández anotou o seu primeiro gol do verán. O canteirán só tivo que empuxar á rede a porta baleira unha boa asistencia de Dani Igrexas.

O Racing baixou o seu nivel de intensidade cun carrusel de cambios. Teles, de tiro raso cruzado desde a frontal, sentenciou o partido. O pase foi de Laure, que á súa vez recibiu de tacón de Óscar.

Carlos López aproveitou o único descoido defensivo do Dépor para recortar distancias. Na mesma xogada, Teles viuse obrigado a retirarse con algunha cambra muscular.

O Dépor esgotou todos os cambios e afrontou o último cuarto de hora con dez xogadores. A maiores, dese dez, tres futbolistas completaron o partido desde o inicio: Saúl, Laure e Dani Igrexas, co cansazo que supón a estas alturas de pretemporada.

Ante esta tesitura, o Racing lanzouse a por a meta deportivista, esporeado pola súa afección. Marcos Álvarez enviou ao poste un man a man con Fabricio. O Dépor aguantou a ilusión ferrolá a base de oficio.

Primeira Parte: Lux, Laure, Insua, Arribas, Saúl, Teles, Juan Domínguez, Àlex Corredera, Luisinho, Dani Igrexas e Oriol Rise.

Segunda Parte: Fabricio, Laure, Róber, Lopo, Navarro, Álex Bergantiños, Teles, Óscar, Saúl, Dani Igrexas e Luís.

Goles: 0-1, m. 14: Arribas; 0-2, m. 46: Luís Fernández; 0-3, m. 55: Teles; 1-3, m. 72: Carlos López.